Reló

especie de molusco
(Redirección desde «Dosinia exoleta»)
Reló
Dosinia exoleta

Dosinia exoleta
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Heterodonta
Orde: Veneroida
Superfamilia: Veneroidea
Familia: Veneridae
Xénero: Dosinia
Especie: D. exoleta
Nome binomial
Dosinia exoleta
(Linnaeus, 1758) [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Arctoe fulva Risso, 1826
  • Artemis radiata Reeve, 1850
  • Arthemis complanata Locard, 1892
  • Arthemis pudica Poli, 1795
  • Exoleta radula T. Brown, 1827
  • Pectunculus capillaceus da Costa, 1778
  • Venus exoleta Linnaeus, 1758 (orixinario)

O reló, Dosinia exoleta, (Linnaeus, 1758), é un molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos, común en Galicia.

A súa cuncha é grosa e practicamente circular, de ata 60 mm de diámetro.[2] O talle mínimo de captura e comercialización é de 30 mm.

Ademais do nome de reló, derivado da forma circular da cuncha, recibe tamén os nomes de reloxo, reloxito, moelo, ameixa de can, arola e tato.[3][4][5][2] En Panxón chaman reló a outro molusco, o carneiro (Venus verrucosa).[4]

Descrición editar

A cuncha é grosa, equilátera, case circular e cuberta de finas estrías concéntricas, moi apertadas.[2] A cor da cuncha é cremosa ou castaña clara, con manchas máis escuras irregularmente repartidas e, ás veces, dispostas en bandas radiais ou en zigzag, de cor castaña ou rosada, características desta especie.[2]

O interior é branco e distínguese facilmente o seo paleal, profundo e triangular, que chega ao centro da cuncha.[5]

Hábitat e distribución editar

A especie está presente ao longo de todo o Atlántico, desde Noruega ao Senegal, así como no Mediterráneo.[1]

Vive en augas pouco profundas da rexión infralitoral ata os 75 m de profundidade.[2]

Pesca editar

Captúrase mediante marisqueo a flote, con rastro. En menor cantidade, tamén no marisqueo a pé, co sacho.

Ten a carne dura, o que diminúe a súa valoración gastronómica. Consómese á mariñeira, en arroces ou en conserva.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Dosinia exoleta Linnaeus, 1758 no WoRMS. (Consultado o 04-12-2013).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rolán e Schmittt (1966).
  3. Nin o termo reló nin o de moelo figuran no VOLGa nin no dicionario en liña da RAG, pero son os nomes que lle dá a este molusco a Consellería do Mar na súa documentación oficial de fichas de especies pesqueiras.
  4. 4,0 4,1 Ríos Panisse, M. C. (1977).
  5. 5,0 5,1 Ramonell, R. (1985).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dirección Xeral de Formación Pesqueira: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rolán, Emilio e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar