Domo (どーもくん Domo-kun?) é un personaxe de ficción e a mascota oficial da cadea de televisión xaponesa NHK. Comezou a aparecer en viñetas de 30 segundos creadas moitas veces usando o estilo de animación stop motion. O personaxe debutou na televisión xaponesa o 22 de decembro de 1998.

Un anuncio de Domo-kun na parte traseira dun autobús na Estación de Shibuya, Tokio.

As curtas con Domo foron dirixidas polo animador xaponés Tsuneo Gōda. Gōda di que, usando este proceso, pódese "crear unha obra chea de sentimento".

Domo é unha pequena criatura ovípara de cor marrón coa aparencia dun estraño monstro, ten os ollos negros e a boca aberta que revela os seus dentes puntiagudos. Naceu dun ovo e vive nunha cova subterránea co avó Usajii (do xaponés, "Usagi" = coello, "Oyaji" = home maior), un coello sabio ao que lle encanta ver a televisión e beber . Tamén nesa cova vive con dous morcegos: Shinobu, que ten un problema de alcohol, e a súa filla Morio. Outro personaxe da serie curta é Tashanna, unha comadrexa moza de 17 anos que soña con ser modelo en Tokio.

Orixe do nome

editar

O nome de Domo-kun vén do segundo episodio do programa, no que se escoita a un presentador de televisión dicindo as palabras: "Dōmo konnichiwa", que se pode traducir como "boa tarde" o "moi ola" e Kun, que é o honorífico usado para referirse a machos novos en xaponés.

Impacto cultural do personaxe

editar
 
Un cosplay de Domo-kun na Anime Expo (2011).

Domo converteuse nunha icona da sociedade xaponesa (recoñecida polo 90% dos escolares) desde a que se venden todo tipo de artigos.

Nickelodeon transmitiu a serie nas súas pausas comerciais dobradas ao español en América Latina, sendo lanzada nesa rexión o 23 de xuño de 2008.

En 2013, NHK, cumprindo 60 anos de televisión, fixo unha proxección especial preto da súa sede, protagonizada por Domo.