Dolors Monserdà i Vidal

Dolors Monserdà i Vidal, nada en Barcelona o 10 de xuño de 1845 e finada na mesma cidade o 1 de abril de 1919, foi unha escritora catalá, que adoitaba asinar a súa obra como Dolors Monserdà de Macià.

Infotaula de personaDolors Monserdà i Vidal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1845 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 1919 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , narrador , ensaísta , poeta , dramaturga Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia e poesía Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioDolors Monserdà de Macià Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosÀngels Macià i Monserdà (pt) Traducir, Dolors Macià i Monserdà (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEnric Monserdà Vidal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Escribiu en castelán até 1875, e a partir de entón en catalá. Participou asiduamente nos Jocs Florals, sendo premiada nos de 1878, 1882 e 1891. Foi a primeira muller en presidir uns Jocs Florals, en 1909. Colaborou na prensa, especialmente en La Renaixença e na revista Feminal.

Unha das súas amizades máis influentes foi a da tamén escritora Maria Josepa Massanés, chegando a publicar unha biografía dela. Foi impulsora de obras de carácter social e feminista, canda a Carme Karr i Alfonsetti. Consideraba que o papel da muller burguesa era protexer, mediante a actuación persoal e a de centros adecuados, a muller traballadora, tanto por motivos humanitarios e morais, como especialmente para evitar a radicalización das súas posturas. Destacan desa época os artigos sobre a participación feminina na Semana Tráxica. Creou o Patronat d'Obreres de l'Agulla, e escribiu entre outros os libros Estudi feminista (1909) e Tasques socials (1916).

Era irmá do pintor Enric Monserdà i Vidal (18501926), e a súa filla casou co arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch.

Obra editar

Poesía editar

Jocs Florals de Barcelona editar

Escolmas editar

  • Poesies Catalanes ,(1888 ).
  • Poesies (1911).

Novela editar

  • La Montserrat (1893).
  • La família Asparó (1900).
  • La fabricanta (1904).
  • La Quitèria (1906).
  • Del món (1908).
  • Maria-Glòria (1917).
  • Buscant una ànima (1919).

Teatro editar

  • Sembrad y cogeréis (1874).
  • Teresa o un jorn de prova (1876).
  • Amor mana (1913).

Crítica literaria e ensaio editar

  • Estudi feminista (Orientacions per a la dona catalana). Barcelona, Miquel d'Esplugues, 1909.
  • Biografia de Na Josepa Massanés i Dalmau. Ajuntament Constitucional de Barcelona, 1915.
  • Tasques socials. Barcelona, 1916.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar