Dolmen de Cabaleiros

Coordenadas: 43°05′49″N 8°33′01″O / 43.09690, -8.55033

Dolmen de Cabaleiros.

O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros, pertencente ao concello coruñés de Tordoia, comarca de Ordes[1].

O dolmen é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico[2], considerándose na actualidade como Ben de Interese Cultural[3]

DescriciónEditar

Está sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. O dolmen está formado por sete ortóstatos máis a lousa de teito de 4×3,40 m. A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual.[4]

Galería de ImaxesEditar

NotasEditar

  1. Deputación da Coruña (ed.). "Dolmen de Cabaleiros". Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  2. Toledo, Mar. el correo gallego.es, ed. "Seis mil años de vida del Dolmen de Cabaleiros". Consultado o 1 de setembro de 2013. 
  3. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  4. "Dolmen de Cabaleiros". Patrimonio Galego. 14-09-2011. Consultado o 30-04-2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar