División de Honra de Rugby 1996-1997

A tempada 1996-1997 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 30 da máxima categoría do rugby en España. A tempada rematou coa vitoria final no campionato para UE Santboiana por quinta vez na súa historia.

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra de Rugby 1996-1997
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1996-1997 Editar o valor en Wikidata

A UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os dous novos equipos na categoría foron o Bera Bera Rugby Taldea e o CD Universidad de Sevilla, que ocuparon os lugares de El Salvador e BUC, descendidos o ano anterior.

Clasificación

editar
  División de Honra — Tempada 1996/97
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1   UE Santboiana 30 18 15 0 3 537 292
2   Getxo RT 30 18 15 0 3 536 315
3   CD Arquitectura 26 18 13 0 5 490 328
4   VRAC 20 18 10 0 8 358 386
5   CR Ciencias 18 18 9 0 9 333 379
6   Real Canoe 16 18 8 0 10 431 351
7   CR Cisneros 14 18 7 0 11 412 482
8   U.Sevilla 12 18 6 0 12 436 454
9   RC Valencia 12 18 6 0 12 429 522
10   Bera Bera RT 2 18 1 0 17 263 716

<<<< 1995/96 — Tempadas — 1997/98 >>>>


En azul      o campión de liga (1º).
En vermello      as posicións de promoción (9º e 10º).

Datos finais do campionato
  • UE Santboiana conseguiu o campionato nacional de liga, con 30 puntos en 18 xornadas. Foi o 5º título de liga para o club.
  • Getxo RT rematou empatado a puntos e a vitorias con UE Santboiana. O título de campión decidiuse pola suma dos puntos acadados por cada equipo nos seus dous enfrontamentos cara a cara (20-16 en Sant Boi e 34-33 en Getxo).
  • O último clasificado, Bera Bera Rugby Taldea, descendeu de categoría ó remate da tempada caendo na promoción fronte ó CN Montjuic. O Valencia non tivo que disputar a súa eliminatoria de promoción por renuncia do RC L'Hospitalet.
  • Os xogadores da UE Santboiana Alberto Malo e Albert Torras, lideraron a táboa de ensaiadores da liga, con 14 ensaios cada ún; mentres que o apertura ucraíno nacionalizado español Andrei Kovalenco, do Real Canoe, liderou a táboa de anotadores con 150 puntos.
  • Club de Rugby El Salvador, Club Natació Montjuic e Club de Rugby Liceo Francés acadaron o ascenso para competir na tempada 1997-98 na División de Honra, cuxo formato ía pasar de 10 a 12 equipos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar