División de Honra B de Rugby 2011-2012

A tempada 2011-2012 da División de Honra B foi a décimo cuarta edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.

Formato de competición editar

Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición tivo un troco salientable. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España, cos equipos de Madrid repartidos entre os dous grupos.

Cada grupo funcionou como unha competición independente durante a fase de liga regular, trala cal os equipos dos dous grupos se cruzaron para definir as posicións finais. Os dous primeiros equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do un ó catro. Os dous seguintes equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do cinco ó oito. Os dos seguintes equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do nove ó doce. Os dous peores equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do trece ó dezaseis.

Os equipos que remataron a segunda fase nos dous primeiros postos do torneo acadaron o ascenso directo á División de Honra, mentres que o terceiro tivo que disputar unha eliminatoria de promoción para tentar ascender. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular editar

Grupo 1 editar

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º.   Hernani C.R.E. 69 14 14 0 0 449 138 13
2º.   Bera Bera R.T. 54 14 11 0 3 417 245 10
3º.   Oviedo R.C. 36 14 7 0 7 379 313 8
4º.   Independiente R.C. 28 14 6 0 8 274 412 4
5º.   C.D. Hercesa 28 14 5 0 9 335 393 8
6º.   F.C. Barcelona 27 14 5 0 9 225 321 7
7º.   R.C. L'Hospitalet 25 14 5 0 9 218 304 5
8º.   Durango R.T. 16 14 3 0 11 218 389 4

Grupo 2 editar

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º.   C.R.C. Pozuelo 63 14 13 0 1 524 121 11
2º.   C.R. Cisneros 55 14 11 0 3 506 181 11
3º.   C.R. Liceo Francés 40 14 7 1 6 387 278 10
4º.   C.R. Les Abelles 37 14 8 0 6 257 290 5
5º.   C.A.U. Valencia 33 14 7 0 7 264 340 5
6º.   C.R.A. Portuense 29 14 6 0 8 238 351 5
7º.   C.D. Arquitectura 15 14 2 1 11 205 401 5
8º.   Helvetia Rugby 7 14 1 0 13 148 567 3

Fase de eliminatorias editar

Do 1º ó 4º posto editar

  Semifinais Final
 
   C.R.C. Pozuelo  27  15  
   Bera Bera R.T.  23  16  
 
 
       C.R.C. Pozuelo  21
     C.R. Cisneros  32
3º e 4º posto
   
   Hernani C.R.E.  16  13    Bera Bera R.T.  20  18
   C.R. Cisneros  23  7      Hernani C.R.E.  35  18

O campión da categoría foi o C.R. Cisneros, que acadou o ascenso directo ó igual que o equipo finalista C.R.C. Pozuelo. O terceiro clasificado Hernani C.R.E. disputou a promoción contra o C. Alcobendas R. acadando o equipo vasco o ascenso despois de gañar na ida como local por 19-18 e na volta como visitante por 6-8.

Do 5º ó 8º posto editar

  Semifinais 5º e 6º posto
 
   C.R. Liceo Francés  18  33  
   Independiente R.C.  24  17  
 
 
       C.R. Liceo Francés  17  33
     Oviedo R.C.  34  3
7º e 8º posto
   
   C.R. Les Abelles  14   -    Independiente R.C.  22
   Oviedo R.C.  20   -      C.R. Les Abelles  33

Do 9º ó 12º posto editar

  Semifinais 9º e 10º posto
 
   C.A.U. Valencia  39  36  
   F.C. Barcelona  15  12  
 
 
       C.A.U. Valencia  42
     C.D. Hercesa  33
11º e 12º posto
   
   C.D. Hercesa  17  39    F.C. Barcelona  12
   C.R.A. Portuense  36  10      C.R.A. Portuense  31

Do 13º ó 16º posto editar

  Semifinais 13º e 14º posto
 
   C.D. Arquitectura  19  52  
   Durango R.T.  15  20  
 
 
       C.D. Arquitectura  22
     Helvetia Rugby  27
15º e 16º posto
   
   R.C. L'Hospitalet  9  20    Durango R.T.  7
   Helvetia Rugby  20  10      R.C. L'Hospitalet  22

Durango e L'Hospitalet, como últimos clasificados, tiveron que disputar a promoción pola permanencia fronte a dous equipos da Primeira Nacional, o Belenos asturiano e o Zarautz vasco, vencendo tódolos encontros, de xeito que os dous acadaron a permanencia e ningún equipo perdeu a categoría.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar