Divinas palabras (obra de teatro)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Divinas palabras é unha obra teatral de Ramón María del Valle-Inclán, escrita en lingua castelá. Apareceu publicada por entregas na revista madrileña La Pluma entre xuño e xullo de 1919, e apareceu completa en 1920 como volume XVII da súa Opera Omnia. Xunto con Comedia bárbaras forma o ciclo mítico da obra dramática do autor, aínda que contén trazos de esperpento, considerándose precedente de Luces de bohemia (publicada tamén en 1920).
Divinas palabras | |
---|---|
Título orixinal | Divinas palabras |
Autor/a | Ramón María del Valle-Inclán |
Orixe | España |
Lingua | Castelán |
Xénero(s) | Teatro |
Data de pub. | 1920 |
Seguido por | Cara de plata |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento
editarA acción xira arredor da familia do sancristán rural Pedro Gailo. Está casado con Mari-Gaila, coa que ten unha filla, Simoniña. A irmá de Pedro Gailo, Juana la Reina, ten un fillo con hidrocefalia (Laureaniño), e gaña a vida pedindo esmola polas feiras. Trala morte de Juana, a súa cuñada Mari-Gaila e a súa outra irmá, Marica del Reino, fan quendas para quedar co rapaz e ir pedir esmola con el.
Unha noite que Mari-Gaila está co seu amante, Séptimo Miau, un grupo de xente emborracha a Laureaniño ata a súa morte.
Narración
editarTempo e espazo
editarO tempo histórico da acción ten lugar en verán, a comezos do século XX. Menciónase a Carolina Otero (nada en 1868), a Terceira República Francesa e ao cáiser Guillerme.
Respecto ao tempo narrativo, a primeira xornada abarca un día enteiro, desde a mañá (escenas 1 a 3), tarde (4) e noite (5). A xornada segunda ten lugar varias semanas despois, en agosto, e abarca desde a alba (escena 1), mediodía (2), sesta (3), solpor (4), noite (escenas 5 a 9) e a mañá do día seguinte (10). A terceira xornada cobre o día seguinte á segunda, comezando cediño de mañá (escena 1), algunhas horas despois (2 e 3), a tardiña (4) e o solpor (5).
A acción está ambientada na Galiza rural, preto da costa da ría de Arousa (menciónanse os topónimos Gondar, Bretal, Padrón, Valga...). Amais do adro da igrexa de San Clemente, onde viven os Gailo, a acción ten lugar nos camiños e vereas, no lugar de Condes e en Viana del Prior. A única escena interior é ao inicio, na casa dos Gailo.
Personaxes
editarEn total aparecen 18 personaxes.
- Juana la Reina, e mailo seu fillo Laureaniño el Idiota.
- Pedro Gailo (irmán de Juana, sancristán), Mari-Gaila (a súa muller) e Simoniña (filla dos dous).
- Lucero (Séptimo Miau) e Poca Pena (a súa manceba).
- Rosa la Tatula (vella mendiga).
Linguaxe
editarAínda que escrita en castelán, a obra inclúe numerosos galeguismos (cativo, cocho, escuro, foliada...) e vulgarismos (miray, cualisquiera, adeprender...). Valle-Inclán inclúe nesta obra algún neoloxismo (flácil)
Repercusión
editarFoi representada por vez primeira o 16 de novembro de 1933 no Teatro Español de Madrid, pola compañía da actriz Margarita Xirgu e Enrique Borrás, con arranxos de Cipriano Rivas Cherif e decorados deseñados por Castelao. Posteriormente foi traducida a diversos idiomas e representada noutros países. Na primeira función en Buenos Aires a obra tivo como protagonista a María Casares.
En 1987 foi levada ao cine co título de Divinas palabras, dirixida por José Luis García Sánchez.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- del Valle-Inclán, R.: Divinas palabras (edición de Gonzalo Sobejano), Espasa Calpe, 1961.