Dinain
Coordenadas: 43°29′35″N 8°11′14″O / 43.4930994, -8.1872576
Dinain (Diseño Naval e Industrial S.L) é unha empresa do sector do deseño naval e industrial con sede en Narón, no polígono da Gándara. A empresa iniciouse no deseño naval traballando para Astano.
DINAIN | |
---|---|
Oficinas de Dinain en Narón. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1991 |
Matriz | CT Ingenieros |
Localización | Avda do Mar 127, Polígono da Gándara, 15570 Narón, A Coruña Galiza |
Fundador | Luis Fernández |
Persoas clave | Alberto Fernández (xerente) |
Industria | Naval |
Produtos | Deseño naval |
Número de empregados | 85 en Narón e 20 en Cartagena |
[ editar datos en Wikidata ] |
Deseño naval
editarTraballa con programas de CAD como AutoCAD, MicroStation, Autohydro, SolidWorks, Ansys Workbench, FORAN (V40, V50.2 e V60), Aveva Marine, Smart Marine, Autoship ou Delftship.
A empresa deseña todo tipo de buques para pasaxe e mercadorías, gaseiros, petroleiros, dragas, remolcadores, plataformas offshore, buques de apoio a barcos plataforma (FPSO, DRILLSHIP, AHTS, PSV, OSRV) e buques militares.
Teñen traballado na serie F-100 para a Armada Española, F-310 para Noruega e destrutores AWD australianos. Deseño de buques anfibios Juan Carlos I (L-61) da Armada Española, ALHD para Royal Australian Navy. Submarinos programas Scorpène e S-80 ou buques de apoio loxístico Cantabria (A-15) e australianos.
Clientes
editar- Astilleros Españoles
- Construcciones Navales del Norte
- Factorías Vulcano
- Hijos de J. Barreras, S.A.
- Metalships & Docks
- Navantia
- Unión Naval de Valencia
Accionariado
editarEn 2014 a empresa de Madrid CT Ingenieros mercou o 80% de Dinain.[1] En 2016 mercou o 100% da empresa.[2]
Notas
editar- ↑ Una multinacional comprará el 80 % del accionariado de Dinain lavozdegalicia.es
- ↑ "CT Ingenieros se hace con el 100% de la ingeniería ferrolana Dinain". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinain |