Dime algo sucio

obra literaria de Diego Ameixeiras

Dime algo sucio é unha novela de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en novembro de 2009.

Dime algo sucio
Autor/aDiego Ameixeiras
CubertaFran Herbello
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.novembro de 2009
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas224
ISBNISBN 978-84-9914-060-5
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A obra está ambientada na cidade de Oregón (nome ficticio de Ourense), e en relatos curtos vai alternando as vivencias de varios personaxes: Nelson e Laura (parella de mozos adolescentes), un taxista, un home de raza negra que vende CDs piratas, Eduardo e Miriam (parella madura que pasa por unha crise), unha rapaza de 15 anos, e un rapaz cunha cicatriz na cara que vende fotografías eróticas e é contratado para filmar unha violación.

Traducións editar

  • Ao alemán por Natalja Dudek co título de Sag mir etwas schmutziges publicado en 2013 por Pulp Books[3].
  • Ao italiano por Maria Barcellona co título de Dimmi qualcosa di sporco publicado en 2013 por Pulp Books[4].

Notas editar

  1. Ficha do libro Arquivado 02 de abril de 2011 en Wayback Machine. na web de Pulpbooks (en castelán)
  2. Ficha do libro Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. na web de Pulpbooks (en catalán)
  3. Ficha Arquivado 16 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  4. Ficha Arquivado 16 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar