Dim Stars foi un supergrupo de rock alternativo activo brevemente a principios dos anos 90. Estaba composto polo baixista Richard Hell de Richard Hell and the Voidoids, o guitarrista Thurston Moore e o batería Steve Shelley de Sonic Youth e o guitarrista Don Fleming de Gumball; tamén chegou a colaborar tocando a guitarra Robert Quine, tamén de The Voidoids. O seu primeiro lanzamento foi un conxunto en edición limitada de tres EPs de 7", que posteriormente editaron como un único CD en 1992.[1] A este seguiulle un álbum, Dim Stars, publicado o mesmo ano. O grupo nunca saíu de xira e separouse despois da publicación do disco.

Dim Stars
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Ecstatic Peace!, Caroline Records, Paperhouse
MembrosRichard Hell
Thurston Moore
Steve Shelley
Don Fleming
Na rede
Musicbrainz: 5f984344-da28-4d68-ae1c-8bce9637180a Discogs: 273182 Editar o valor em Wikidata

Discografía editar

Álbum Ano Selo Notas
3 new songs 1992 Ecstatic Peace!/Caroline Records Baixo o nome de Richard Hell
Dim Stars 1992 Ecstatic Peace!/Caroline Records/Paperhouse EP
Dim Stars 1992 Caroline Records/Paperhouse LP

Notas editar

  1. Trouser Press (ed.). "Richard Hell and the Voidoids". Consultado o 25 de decembro de 2017.