Ecstatic Peace!
Ecstatic Peace! é un selo discográfico independente baseado en Easthampton, Massachusetts, fundado en 1981 polo guitarrista e vocalista de Sonic Youth Thurston Moore.
Ecstatic Peace! | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1981 |
Fundador(es) | Thurston Moore |
Sede | Easthampton |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.ecstaticpeace.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarA súa primeira edición foi un casete compartido con voces de Michael Gira da banda Swans e Lydia Lunch. O nome do selo está tirado dunha liña da novela de Tom Wolfe The Electric Kool-Aid Acid Test.
No mes de febreiro de 2006 Moore asinou un acordo con Universal Records para que esta distribuíse os álbums de Ecstatic Peace!.
En 2011 Ecstatic Peace! contaba con artistas coma Hush Arbors, Be Your Own Pet, Awesome Color, Black Helicopter, Free Kitten, Jemina Pearl, Glass Rock, Dead Machines, Little Claw, Matt Krefting, Monotract, Mouthus, Pagoda, MV & EE, Notekillers, Religious Knives, Sumburned, Samara Lubelski, Wand, Whote Out, Tall Firs, Violent Soho, The Entrance Band e o propio Moore.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do selo (en inglés)