Digimon Rumble Arena

videoxogo de 2001

Digimon Rumble Arena (デジモンテイマーズ バトルエボリューション Dejimon Teimāzu Batoru Eboryūshon?) é un videoxogo de loita desenvolvido e distribuído por Bandai en asociación con Hudson Soft para a consola PlayStation. Estreouse no Xapón o 6 de decembro de 2001 e en América do Norte o 24 de febreiro de 2002.

Digimon Rumble Arena
Desenvolvedor(es)Bandai
Hudson Soft
Distribuidora(s)Bandai
Lanzamento 6 de decembro de 2001
XéneroLoita
Modos de xogoUn xogador, dous xogadores
Clasificación PEGI
Plataforma(s)PlayStation
SerieDigimon
Na rede
https://web.archive.org/web/20190521092219/http://www.bandaigames.channel.or.jp/list/digi_evo/ e http://www.bandaigames.com/games/digimon_ra.html
IMDB: tt6066582 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os xogadores poden escoller entre 24 personaxes (quince dos cales deben ser desbloqueados) das series Digimon Adventure e Digimon Tamers da franquía Digimon, como Terriermon, Agumon, Gatomon e Renamon. A secuela do xogo, Digimon Rumble Arena 2, foi lanzado dous anos despois (tres no Xapón) para as consolas Nintendo GameCube, PlayStation 2 e Xbox.