GameCube

consola de Nintendo
(Redirección desde «Nintendo GameCube»)

A Nintendo GameCube é unha consola de 128 bits de Nintendo que debe o seu nome a súa forma de cubo.

Gamecube

Historia

editar

No 1999 presentáronse os primeiros rumores sobre a nova consola de Nintendo, todo apuntaba que esta ía ser de cartuchos e compatible con Nintendo 64.

Nintendo presentou o proxecto Dolphin, xunto con IBM e ATI a cal sería en base a unha tarxeta gráfica de 128-bits, procesador de 400 Mhz e utilizaría o DVD. Para mediados de 2000, rumoreouse sobre a StarCube (nome clave da consola) e que a súa capacidade diminuía a 300 mhz. Nintendo en agosto do ano 2000, no "SpaceWorld 2000", revelou as primeiras imaxes da nova consola, Nintendo GameCube, coa súa capacidade de 485 Mhz e 128 bits que non diminuíron senón que aumentaron.

No E3 2001 presentouse oficialmente a consola de sobremesa con demos xogables (destacando "Super Smash Bros Melee" , "Kameo: Elements of Power", "Luigi's Mansion", e varias demos máis...) pero con diferenzas no deseño da consola: como na altura (de 15 cm a 11,4 cm), a bandexa do disco que xa non presentaba aberturas; as rañuras de expansión, que agora en vez de ser 2 eran 3; as digicards cambiaron de deseño; o mando cambiaba un pouco con mangos máis delgados; o cambio de forma da b e a súa cor de azul a vermello coma o botón start que cambia a súa cor e forma, pero seguiu sendo do agrado das persoas. Xa en 2005, Nintendo anunciou a súa sucesora, nome en clave Revolution, coa que esperaban revolucionar a industria dos videoxogos cunha nova forma de xogar.

Características

editar

A consola ten forma de "cubo" (11,4 cm x 15 cm x 16 cm) de distintas cores como negro, morado, prateado e ouro (só no Xapón). Os seus controles e conectores están repartidos entre as súas caras:

  • Frontal: Portos para mandos (segundo a tendencia actual ergonómicos tanto en forma como en posicionamento dos botóns e con función de vibración) e tarxetas de memoria.
  • Superior: Lector de discos e botóns de acendido, reinicio e apertura do prato do disco
  • Laterais: Reixas de ventilación
  • Posterior: Conector SNS A/V Multiout, DOL D A/V multiout,entrada CD 12V e asa para o seu transporte.
  • Inferior: Portos serial 1 (12 pin), serial2 (8 pin) e porto de alta velocidade (36 pin).

Trátase da primeira consola de Nintendo que non funciona con cartuchos senón con mini-DVD (GODs). Estes mini-DVD miden 8 cm e son capaces de almacenar ata 1,5 xigabytes de información. Ademais, lense a gran velocidade.

Especificacións

editar

Dispón dun procesador IBM e dun chipset gráfico de ATI o que lle proporciona unha gran potencia. En canto a son, ten calidade de CD.

Especificacións técnicas

editar
  • MPU (Unidad Microprocesador): Power PC de IBM ("Gekko")
  • Proceso de fabricación: Tecnoloxía de Semicondutores de Cobre de 0,18 micrómetros
  • Frecuencia de reloxo: 485 MHz
  • Capacidade de CPU: 1125 Dmips (Dhrystone 2.1)
  • Precisión de Datos Internos: 32 bits Enteiros e 64 bits Coma Flotante
  • Ancho de Banda do Bus Externo: 1,6 GB/segundo (máximo) (32 bits dirección, 64 bits Bus de datos 202.5 MHz)
  • Caché Interna:

o L1 - Instruction 32KB, Data 32KB (8 vías) o L2 - 256KB (2 vías)

  • Sistema LSI "Flipper"
  • Proceso de fabricación: 0,18 micrómetros DRAM Incorporada NEC
  • Frecuencia de reloxo: 202,5 MHz
  • Frame Buffer Incorporado: Aprox. 2MB
  • Velocidade da memoria de Frame Buffer: 5ns (1T-SRAM)
  • Caché de texturas incorporado: Aprox. 1MB
  • Velocidade da memoria da Caché de texturas: 5ns (1T-SRAM)
  • Ancho de banda de acceso ás texturas: 12.8GB/segundo (máximo)
  • Ancho de banda da memoria principal: 3.2GB/segundo (máximo)
  • Cor, Z Buffer: 24bits cada un
  • Función de procesamento de ficheiro: Néboa, Subpíxel Anti-aliasing, Luces HW x8, Alpha Blending, Virtual Texture Design, Multi-texture Mapping/Bump/Environment, Mapping, MIPMAP, Bilinear Filtering, Real-time Texture Decompression (S3TC) etc.
  • Outros: Real-time Decompression of Display List, HW Motion Compensation Capability

Especificacións físicas

editar
  • Procesador de son: DSP 16bit Especial
  • Memoria de instrución: 8KB RAM + 8KB ROM
  • Memoria de datos: 8KB RAM + 4KB ROM
  • Frecuencia de reloxo: 101,25 MHz
  • Máximo número de canles de reprodución simultánea de sons: ADPCM: 64ch
  • Frecuencia de mostraxe: 48KHz
  • Sistema de Coma flotante - Capacidade aritmética: 13.0GFLOPS (máximo), (MPU, Geometry Engine, HW Lighting Total)
  • Capacidade real de procesamento gráfico: De 6 a 12 millóns de polígonos por segundo (capacidade de procesamento estimada nun xogo real incluíndo modelaxes complexas, texturas etc.).Aínda que chegando a realizar xogos con máis millóns de polígonos(uns 28 millóns de polígonos)
  • Memoria principal do Sistema: 24MB Velocidade de acceso: 10 ons o menos (1T - SRAM)
  • Memoria de son: 16MB (100 MHz DRAM)
  • Unidade de disco: Sistema CAV (Velocidade Angular Constante)
  • Tempo de acceso medio ó sistema: 128 ms
  • Velocidade de transmisión de datos: de 16Mbps a 25Mbps
  • Soporte: Disco para Nintendo GameCube de 8 cm de diámetro baseado na tecnoloxía de Disco Óptico de Matsushita. Capacidade aproximada de 1,36 GB
  • Entrada/Saída:

o 4 portos de mando de control o 2 rañuras Digicard "memorycard" o 1 saída analóxica SNS A/V Multiout o 2 portos de serie de alta velocidade (só en equipos fabricados antes do 22 de marzo de 2004, en equipos posteriores só un) o 1 porto paralelo de alta velocidade

  • Alimentación: Adaptador de corrente DC12V x 3,5 A
  • Dimensións da unidade principal: 150 mm (ancho) x 110 mm (alto) x 161 mm (longo)

Versións

editar

Existen variadas versións e cores, as principais son negro, índico, laranxa, platino e ouro.

Existen 3 versións do sistema:

  • Nintendo GameCube Modelo:DOL-001
  • Nintendo GameCube Modelo:DOL-101 (despois de maio do 2004 elimina porto A/V Out Digital)
  • Nintendo-Panasonic Q (só o Xapón)

Accesorios

editar
  • Módem 56K
  • Adaptador de Banda Larga: para conectar a consola a Internet e xogar on-line.
  • Cable Game Boy Advance: que permite conectar unha Nintendo GameCube e unha Game Boy Advance para intercambiar información entre elas
  • Game Pad (mando) inalámbrico: permite que o xogador este a unha distancia de ata 12 metros da consola sen perder precisión e con total liberdade de movementos. Os controles incorporan un conector especial e o control propiamente dito (no cal se debe seleccionar a mesma frecuencia que no conector, facendo uso dunha rodiña que hai en ambos e dependendo da posición que estea, terá unha frecuencia do 1 ó 6; cada xogador deberá seleccionar no seu mando e conector unha frecuencia diferente)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar