Abrir o menú principal

Dictinio de Castillo

poeta e profesor galego

Dictinio de Castillo-Elejabeytia Fernández, nado en Ferrol o 11 de maio de 1906 e finado en Sandhausen (Alemaña) o 3 de outubro de 1987, foi un poeta e profesor galego.

Dictinio de Castillo
Dictinio de Castillo Elejabeytia 1935.jpg
Nacemento11 de maio de 1906
 Ferrol
Falecemento3 de outubro de 1987
 Sandhausen
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, fíxose oficial de Mariña ingresando no Corpo de Intendencia da Armada. En 1936 foi detido e polos republicanos estivo preso en Cartaxena, e posteriormente foi liberado. Por esta circunstancia foi xulgado despois polos franquistas e condenado a perda do seu emprego. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Murcia, da que foi profesor de Filoloxía Galego-portuguesa. Foi tamén profesor de filosofía no Instituto de Cartagena e de inglés no de Murcia. En 1953 marchou á República Federal de Alemaña e foi lector de español na Universidade de Würtzburg ate 1983.

Poeta en español, en 1943 publicou Lirios de Compostela, que contén moitos poemas en galego. En 1955, Francisco Fernández del Riego publicou na súa Escolma de poesía galega sete poemas de Dictinio tirados de dous libros inéditos, O espello das brétemas e O leito de somas. Colaborou en revistas literarias como a ferrolá Aturuxo, Azarbe, Papeles de Son Armadans, Monteagudo, Revista de Occidente, e nos suplementos literarios de ABC e diversas revistas de Portugal, Bélxica, Marrocos e Estados Unidos. En 1950 foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega En 1953 representou a España no Congreso Internacional de Poesía que se celebrou en Venecia.

ObrasEditar

  • Nebulosas, 1934.
  • La arena de Dafnis, 1943.
  • La canción de los pinos, 1945
  • En la costa del sol, 1947.
  • Argos: poema del mar y del alma, 1948.
  • Lirios de Compostela, 1949 (que contén moitos poemas en galego)
  • Vuelo hacia dentro, 1987.
  • O espello das bretemas e outros poemas, 1987.

PremiosEditar

Obtivo o premio Adonis en 1954.

Véxase taménEditar