Dick Fosbury

Richard Douglas Fosbury, coñecido como Dick Fosbury, nado o 6 de marzo de 1947 en Portland (Oregon), foi un atleta estadounidense especialista en salto de altura, que foi campión nos Xogos Olímpicos de México 1968 e fíxose famoso por utilizar unha nova técnica para pasar encima do listón, que posteriormente aplicaron case todos os saltadores e que se coñece como Fosbury Flop.

Dick Fosbury
Dick Fosbury 1968.jpg
Nome completoRichard Douglas Fosbury
Nacemento6 de marzo de 1947
 Portland, Oregón
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterNorth Medford High School
Ocupaciónatleta e político
Coñecido porFosbury Flop
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro México 1968 Salto de altura

TraxectoriaEditar

Fosbury empezou a experimentar coa nova técnica, logo chamada Fosbury Flop, cando tiña 16 anos, pois atopaba demasiado difíciles os estilos que entón se utilizaban para executar o salto, tales como o rodete ventral, o estilo tesoira ou o western roll.

A nova técnica consistía en correr cara ao listón en dirección transversal e seguindo unha traxectoria curva, para unha vez ante o listón saltar de costas ao mesmo e co brazo máis próximo estendido. Esta forma resulta máis efectiva desde un punto de vista biomecánico, xa que permite deixar menos espazo entre o centro de gravidade do saltador e o listón a superar, co que se gaña altura.

Sendo un estudante na Universidade de Oregon, Fosbury gañou en 1968 o título universitario de Estados Unidos usando a súa nova técnica, e volveu facer o mesmo nos trials de clasificación para ir aos Xogos Olímpicos de México 1968.

Unha vez na cita olímpica, moita xente que non o viu antes sorprendeuse ao ver a técnica que Fosbury utilizaba, e sorprendeuse moito máis cando gañou a medalla de ouro olímpica, establecendo unha marca olímpica con 2.24 m. e a mellor marca mundial do ano.

Por esta época a marca mundial estaba en poder do soviético Valery Brumel con 2.28 m. desde 1963, usando a vella técnica. Aínda que Dick Fosbury nunca puido saltar esa altura, e aínda que había moitos escépticos que puñan en dúbida a efectividade do novo método, este gañou gañou rapidamente popularidade, e nos anos seguintes cada vez máis saltadores, homes e mulleres aplicárono.

Hoxe en día todos os saltadores de altura de elite empregan o Fosbury Flop, e a súa maior eficacia esta totalmente demostrada.

Dick Fosbury retirouse tras non lograr a clasificación para ir aos Xogos Olímpicos de Múnic 1972 a pesar de ser moi novo aínda. Probablemente non era o saltador máis dotado da súa época, pero grazas á súa grande innovación conseguiu ser campión olímpico e cambiou para sempre a forma de entender o salto de altura.

Actualmente (2010) Dick Fosbury vive en Ketchum, Idaho, onde é enxeñeiro civil.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar