Dianthus

xénero de plantas

Caraveleiras (xénero Dianthus)

Dianthus carthusianorum e Dianthus deltoides
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Caryophyllidae
Orde: Caryophyllales
Familia: Caryophyllaceae
Tribo: Caryophylleae
Xénero: Dianthus
L., 1753
especies

Véxase no texto

Dianthus é un xénero dunhas 300 especies de plantas de flor da familia Caryophyllaceae, nativa primordialmente de Europa e Asia, cunhas poucas especies que se atopan no norte de África, e unha especie (D. repens) na zona ártica de América do Norte. Coloquialmente coñécense como caraveleiras. A flor é o caravel. A especie cultivada comunmente é a Dianthus caryophyllus.

Etimoloxía

editar

O nome xenérico Dianthus procede das verbas gregas deos («deus») e anthos («flor»), e xa foi citado polo botánico grego Teofrasto hai 2000 anos. o termo galego caravel viría do latín: clavum (cravo).

Descrición

editar

As especies son sobre todo herbas perennes, algunhas son anuais ou bianuais, e algunhas son arbustos baixos con numerosos vástagos basais.

As follas son opostas, simples, lineares, cinsentas verdosas e a miúdo fortemente glaucas a azulverde.

As flores teñen cinco pétalos, cunha marxe festoneada típica, e (en case todas as especies) de cor rosa forte a rosa pálido. Unha especie (D. knappii) ten flores amarelas cun centro púrpura.

En principio, o caravel bravo florea durante a primavera e o verán.

As especies de Dianthus serven coma fonte de alimentación para as larvas dalgunhas especies de Lepidoptera, que inclúen a Mamestra brassicae (abelaíña das verzas), Gymnoscelis rufifasciata (abelaíña de raia dupla), Noctua pronuba (abelaíña de ás amarelas) ou Hadena bicruris. Tamén tres especies de Coleophora, hóspedes exclusivos de Dianthus: C. dianthi, C. dianthivora e C. musculella (o cal se alimenta exclusivamente de D. suberbus).

Especies

editar
 
Dianthus alpinus.
 
Dianthus Barbatus
 
Dianthus caryophyllus casulos de sementes.
 
Dianthus superbus.

Véxase tamén

editar

Outras páxinas

editar

Ligazóns externas

editar