Dezső Gencsy

futbolista e adestrador húngaro

Dezső Gencsy, nado en Budapest o 2 de novembro de 1897 e finado no Porto o 8 de abril de 1977, foi un futbolista e adestrador húngaro. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección húngara. Tamén foi un xogador de xadrez de gran nivel.[1]

Dezső Gencsy
Información persoal
Nome Dezső Gencsy
Nacemento 2 de novembro de 1897
Lugar de nacemento Budapest
Falecemento 8 de abril de 1977
Lugar de falecemento Porto
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1918–1920 NSC Budapest
1921–1924 FC Saarbrücken
1924–1925 SC Union von 1903
1925–1926 Derthona FBC
1926–1927 Genoa 9 (3)
Selección nacional
1921 Hungría 1 (0)
Adestrador
1934 SC Vianense
1935 Académico FC
1935–1936 Deportivo da Coruña
1941 FC Porto
1946–1947 Famalicão
1949–1950 Académica de Coimbra
1950–1951 FC Porto
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Nado en Budapest, comezou nun dos clubs da capital, o NSC Budapest. Xogou alí na segunda división húngara, logrando o ascenso á primeira división na tempada 1918/19. Disputou unha soa tempada na máxima categoría, descendendo de novo a segunda ao remate desta.[2]

A continuación emigrou a Alemaña, onde comezou xogando durante tres tempadas no FC Saarbrücken, na cidade de Saarbrücken. En 1924 mudouse a Hamburgo e xogou unha tempada no SC Union von 1903.

En 1925 deixou Alemaña e instalouse en Italia, xogando primeiramente nas filas do Derthona FBC, na segunda división, onde acabaron na segunda posición do grupo A. Na tempada seguinte mudouse a Xénova. Debutou co Genoa na Divisione Nazionale, entón a máxima categoría italiana, na tempada 1926/27. O club quedou terceiro no grupo A, e clasificouse para a fase final, na que acabou no cuarto posto. Ao remate desta tempada puxo fin á súa carreira como xogador.

Selección nacional editar

Disputou un só partido coa selección húngara, o 5 de xuño de 1921 contra a selección de Alemaña, entrando como substituto de György Orth.[3]

Como adestrador editar

Na tempada 1934/35 comezou adestrando o SC Vianense, da localidade portuguesa de Viana Do Castelo, pasando no medio da campaña ao Académico FC do Porto, que disputaba a primeira edición da Primeira Liga portuguesa. Con todo, non puido salvar ao Académico FC, que quedou sétimo e descendeu.

En novembro de 1935 converteuse no novo adestrador do Deportivo da Coruña,[4] permanecendo no club durante toda a tempada 1935/36 da segunda división española, e rematando na penúltima posición. O club salvouse do descenso pola desaparición do Deportivo Nacional.

Posteriormente volveu a Portugal, onde adestrou o FC Porto, en dúas etapas,[5] o Famalicão e o Académica de Coimbra.[1] Instalado no Porto, morreu en abril de 1977.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Al entrenador del Oporto le gustaría volver a La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 1951. p. 5. 
  2. "Klubplaceringer for: NSC Budapest". foot.dk. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  3. "Hungría - Alemaña 1921". eu-football.info (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  4. "Nuevo entrenador y cuatro licenciados en el Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán). 13 de novembro de 1935. p. 9. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  5. Forte, Dragão Azul. "Capítulo 6: 1951 a 1960 - Contestação a Lisboa; a "dobradinha" (Parte I)" (en portugués). Consultado o 16 de abril de 2021.