Deshaun Thomas

baloncestista estadounidense

Deshaun Leroy Thomas, nado o 29 de agosto de 1991 en Fort Wayne, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.

Deshaun Thomas
Olimpia Milano
Información persoal
Nacemento 29 de agosto de 1991 (32 anos)
Fort Wayne, Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 110 kg (220 lb)
Posición Ala-pivote / Ala
Información da carreira
Instituto Bishop Luers (Fort Wayne, Indiana)
Universidade Ohio State (2010–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 2 / Elección: 58
Por San Antonio Spurs
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
JSF Nanterre (2013–2014)
Barcelona (2014–2015)
Austin Spurs (2015–2016)
Anadolu Efes (2016–2017)
Maccabi Tel Aviv (2017–2018)
Panathinaikos (2018–2020)
Alvark Tokyo (2020–2021)
Bayern München (2021–2022)
Olimpia Milano (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

Thomas foi seleccionado polos San Antonio Spurs na 58ª posición do Draft da NBA de 2013.[1] Xogou cos Spurs a Liga de Verán da NBA de 2013, onde fixo 12.4 puntos, 5.0 rebotes e 1.2 asistencias por partido en cinco encontros xogados. O 16 de agosto de 2013, asinou por unha tempada co JSF Nanterre francés.[2]

O 31 de agosto de 2014, asinou unha tempada co FC Barcelona da Liga ACB.[3]

Notas editar

  1. "Spurs selects Livio Jean-Charles and Deshaun Thomas in 2013 NBA Draft". NBA.com. 27 de xuño de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  2. Trapani, E. (16 de agosto de 2013). "Nanterre officially sign Spurs draftee DeShaun Thomas". Sportando.net. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  3. "Barcelona adds forward Thomas". Euroleague.net. 31 de agosto de 2014. Consultado o 31 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar