Deserto da Gran Bacía

O deserto da Gran Bacía é un gran deserto dos Estados Unidos de América, que con 409 000 km² é o máis grande do país. Comprende case todo o estado de Nevada, a metade occidental de Utah e pequenos sectores en Oregón, Idaho e California. Está limitado pola cordilleira de Serra Nevada no oeste, as Montañas Rochosas no leste, a meseta do Columbia ao norte e os desertos de Mojave e Sonora ao sur. O deserto da Gran Bacía, a diferenza dos desertos de Mojave e Sonora, carece de arbustos de creosota e definiuse aos efectos dun informe de 1986 por J. Robert Macey quen distinguiu entre o «Deserto Gran Bacía Scrub» fronte ao «Deserto de creosota Bush».[1] As precipitacións na rexión do deserto varían de 230 e 300 mm de choiva ao ano, e inclúe varias bacías áridas sen Larrea tridentata, como o Val Chalfant, o Val Hammil, o Val Benton e o Val Queen, así como nunha porción sueste do Val Owens

Coordenadas: 39°00′21″N 114°13′11″O / 39.0058, -114.2197

Polo contrario, o Val Panamint, o Val Saline e o Val Eureka teñen o arbusto da creosota, fronte ao Deep Springs Valley que contén o arbusto do deserto da Gran Bacía.[1]

O deserto da Gran Bacía é un deserto frío causado polo efecto sombra de choiva que provoca a Serra nevada ao oeste.[2] A flora predominante son monótonas extensións de Atriplex confertifolia e Atriplex confertifolia.[3]

O ecotón demarca o norte do deserto de Mojave é o bordo do hábitat do arbusto da creosota e é tamén a demarcación sur da estepa arbustiva da Gran Bacía e a ecorrexión de Great Basin e os seus contrafortes.[1] O ecotón establécese polo aumento da elevación, descenso da temperatura a maior altitude e as precipitacións (menos sombra de choiva en latitudes máis altas).[1]

Sombra de choiva

Especies en perigo editar

A topografía do Deserto da Gran Bacía (montañas illadas seperadas unha da outra por amplas extensións de vales desérticos) provoca que sexa vulnerábel ás extincións. As poboacións que ocupan os cumes altos están separadas unha da outra polo que non poden cruzarse. As poboacións pequenas son máis vulnerábeis xa que en xeral teñen menos diversidade xenética e polo tanto menos habilidade para adaptarse ás condicións de cambio. O bombeo das augas subterráneas, a construción de estradas e edificacións, o pastoreo e a minaría son todas actividades que alteran o hábitat, o que incrementa a ameaza de extincións. O deserto da Gran Bacía é o fogar de moitas especies ameazadas e en perigo:[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Macey, J. Robert (28 de maio de 1986). The Biogeography of a Herpetofaunal Transision Between the Great Basin and Mojave Deserts (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2012. Consultado o 22 de novembro de 2011. Banta & Tanner (1964) felt that the Great Basin [sic] deserved recognition…and defined it…as the interior drainage lying between the Sierra Nevada and the Wasatch Mountains of Utah. For the purpose of this study, I am defining the Great Basin Desert as the high elevation desert that lacks Creosote Bush. --versus the region(s) with <10 in (250 mm) annual precipitation. NOTE: The term "Great Basin Desert" does not appear in the 1964 Great Basin report by Banta and Tanner:
  2. National Park Service, Great Basin National Park
  3. Trimble, Stephen (1999). The Sagebrush Ocean: A Natural History of the Great Basin. ISBN 0-87417-343-4. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2007. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  4. [url=http://www.nps.gov/grba/learn/education/upload/Unit%205-2.pdf Arquivado 07 de agosto de 2020 en Wayback Machine. Ecology of the Great Basin]
  5. "White River Spinedace (Lepidomeda albivallis)". Nevada Fish & Wildlife Office. U.S. Fish & Wildlife Service. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 31 de maio de 2020. 
  6. "Utah prairie dog (Cynomys parvidens)". ecos.fws.gov. Consultado o 2022-03-31. 

Véxase tamén editar