Descenso a nado da ría de Navia
O Descenso a nado da ría de Navia celébrase dende 1958 na fin de semana de agosto que a marea o permitir na ría que forma o río Navia ao seu paso pola localidade de igual nome. A proba organízaa a Asociación de Amigos da Ría de Navia e está declarada de Interese Turístico Nacional.[1]
Historia
editarNavia é unha vila costeira da Terra Eo-Navia, que se sitúa á beira dunha ría e existe na localidade unha afección significativa pola natación como deporte competitivo polo menos dende o comezo do século XX. En 1958 esa afección deu lugar a unha convocatoria regular, o descenso a nado da ría, que continuou todos os anos dende aquela ao tempo que xurdiron ao seu redor outras actividades salientables, o Criterium dos Ases, o MiniDescenso, a Copa Asturias de Longa Distancia, e, recentemente, a celebración de probas da Copa de Europa de Natación de Longa Distancia (Copa LEN), entre elas, a Superfinal de 2006. No ano 2020 non se celebrou a competición por mor da pandemia de COVID-19.
Categorías
editar- Proba masculina absoluta: para maiores de 16 anos cun percorrido de 5000 metros.
- Proba feminina absoluta: para maiores de 16 anos cun percorrido de 5000 metros.
- Proba específica para a categoría de menores A (conxunta para mozos e mozas de entre 13 e 15 anos, con clasificacións separadas para uns e outras): 2400 metros.
- Proba específica para menores B (tamén conxunta para nenos e nenas menores de 12 anos con clasificacións separadas): 1100 metros.
- Masters: de 30 anos de idade en diante. Distancia a elixir
- Trofeos Venera (equipos que máis integrantes sumen nas distintas categorías)
Palmarés
editarVencedores da proba masculina absoluta | Vencedoras da proba feminina absoluta | ||||
Edición | Ano | Gañador | Club | Gañadora | Club |
I | 1958 | Francisco Méndez | A Caridá (El Franco) | - | - |
II | 1959 | Alberto Rodríguez | C.N. Cimadevilla (Xixón) | María Elena Pérez | Navia |
III | 1960 | Jaime Cuspinera | C.N. Tajamar (Madrid) | Manolita Fernández | C.N. Cimadevilla (Xixón) |
IV | 1961 | Alberto Rodríguez | C.N. Santa Olaya (Xixón) | Paquita Castro | C.N. Santa Olaya (Xixón) |
V | 1962 | Luis García | Federación Catalana | Paquita Castro | C.N. Santa Olaya (Xixón) |
VI | 1963 | Antonio Bessone | Sport d'Algés (Lisboa, Portugal) | Paquita Castro | C.N. Santa Olaya (Xixón) |
VII | 1964 | Jean Boiteux | C.N. Girondins (Bordeos, Francia) | Pilar Von Carsten | Real Marid C.F. (Madrid) |
VIII | 1965 | Carlos Caballero | C.N. Judizmendi (Vitoria) | Pilar Von Carsten | Real Marid C.F. (Madrid) |
IX | 1966 | A. Oudt | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) | Ingrid Lapaer | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) |
X | 1967 | Carlos Bremón | Federación Galega | Lourdes Reparaz | C.N. Judizmendi (Vitoria) |
XI | 1968 | Koos Roos | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) | Mercedes Von Carsten | R. Canoe N.C. (Madrid) |
XII | 1969 | Roberto Beesman | R. Canoe N.C. (Madrid) | Dulce Gouveia | Federación Portuguesa |
XIII | 1970 | Peter Dridekker | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) | Corinne Pitjak | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) |
XIV | 1971 | Roberto Beesman | R. Canoe N.C. (Madrid) | Ana Rosa Jorge | Federación Portuguesa |
XV | 1972 | Ángel Santamaría | Deportiva Náutica Portugalete (Portugalete) | Elena Mozo | R. Canoe N.C. (Madrid) |
XVI | 1973 | Peter Van Os | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) | Reina Van Der Elst | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) |
XVII | 1974 | Rosendo Abella | C.N. Sabadell (Barcelona) | Reina Van Der Elst | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) |
XVIII | 1975 | Jorge Molet | C.N. Sabadell (Barcelona) | Vicenta Sebastián | R. Canoe N.C. (Madrid) |
XIX | 1976 | Jaime Piñeiro | S.D. Parayas (Maliaño, Cantabria) | Jeannine Weber | Zian Vitesse (A Haia, Países Baixos) |
XX | 1977 | Fernando Castellanos | R. Canoe N.C. (Madrid) | Juana Vázquez | R.G.C. Covadonga (Xixón) |
XXI | 1978 | Antonio Oca | C.N. Encinas (Boadilla del Monte, Madrid) | Paloma García | R. Canoe N.C. (Madrid) |
XXII | 1979 | Antonio Oca | C.N. Encinas (Boadilla del Monte, Madrid) | Paloma García | R. Canoe N.C. (Madrid) |
XXIII | 1980 | José Baltar Leite | C.N. Fluvial Portuense (Porto, Portugal) | Juana Vázquez | R.G.C. Covadonga (Xixón) |
XXIV | 1981 | Alfredo Indarte | R. Canoe N.C. (Madrid) | Beatriz Villa | R.G.C. Covadonga (Xixón) |
XXV | 1982 | Alfredo Indarte | R. Canoe N.C. (Madrid) | Nuria Álvarez | R.G.C. Covadonga (Xixón) |
XXVI | 1983 | Javier Meléndez | Deportiva Náutica Portugalete (Portugalete) | María Luisa González | C.N. Santa Olaya (Xixón) |
XXVII | 1984 | Juan Carlos Vallejo | R. Canoe N.C. (Madrid) | Victoria Maclanda | C.N. Santa Olaya (Xixón) |
XXVIII | 1985 | Francisco Delgado | R.G.C. Covadonga (Xixón) | Victoria Maclanda | C.N. Santa Olaya (Xixón) |
XXIX | 1986 | Mateo González | R.G.C. Covadonga (Xixón) | Antonia Regales | R.G.C. Covadonga (Xixón) |
XXX | 1987 | Mateo González | R.G.C. Covadonga (Xixón) | Carmen García | C.N.Santander (Santander) |
XXXI | 1988 | Juan Carlos Vallejo | R. Canoe N.C. (Madrid) | Ines Rothes | Fluvial Portuense (Porto - Portugal) |
XXXII | 1989 | Xavier Lastra | C.N. Sabadell (Barcelona) | Ines Rothes | Fluvial Portuense (Porto - Portugal) |
XXXIII | 1990 | David Meca | C.N. Sabadell(Barcelona) | Elisenda Pérez | C.N. Sabadell (Barcelona) |
XXXIV | 1991 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Carmen García | C.N. Sabadell (Barcelona) |
XXXV | 1992 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Elisenda Pérez | C.N. Sabadell (Barcelona) |
XXXVI | 1993 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Katia Victorero | C.N. Santa Olaya (Xixón) |
XXXVII | 1994 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Luisa Costa | F.C.Porto (Portugal) |
XXXVIII | 1995 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Raquel Lombán | C.N. Santa Olaya (Xixón) |
XXXIX | 1996 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Luisa Costa | Nataçao C. Porto (Portugal) |
XL | 1997 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Mónica Calduch | C.N. Mediterrani (Barcelona) |
XLI | 1998 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Aduna Badiola | Ondarru Igeri Taldea (Vizcaya) |
XLII | 1999 | Albert Medrano | C.N. Sabadell (Barcelona) | Esther Nuñez | C.N. Sabadell (Barcelona) |
XLIII | 2000 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Mireia Gómez/ Xènia López (ex aequo) | C.N. Sabadell (Barcelona) |
XLIV | 2001 | Xavi Núñez | C.N. Sabadell (Barcelona) | Lidia Elizalde | C.N. Sabadell (Barcelona) |
XLV | 2002 | Xavi Núñez | C.N. Sabadell (Barcelona) | Xènia López | C.N. Sabadell (Barcelona) |
XLVI | 2003 | Moisés Negrón | E.N.España-Castalia Castellón-Costa Azahar | Xènia López | C.N. Sabadell (Barcelona) |
XLVII | 2004 | Kiko Hervás | Eq. Nac. España - C.N. L'Hospitalet | Yurema Requena | C.N. Vila-Real (Castellón) |
XLVIII | 2005 | David Meca | C.N. Sabadell (Barcelona) | Yurema Requena | C.N. Vila-Real (Castellón) |
XLIX | 2006 | Kiko Hervás | Eq. Nac. España - C.N. L'Hospitalet | Cassandra Patten | Stockport Metro (Gran Bretaña) |
L | 2007 | Kiko Hervás | Eq. Nac. España - C.N. L'Hospitalet | Esther Nuñez | C.N. Sabadell (Barcelona) |
LI | 2008 | Christian Reichert | Eq. Nac. Alemaña-S.C. Wiesbaden 1911 | Nadine Pastor | Eq.Nac. Alemaña-SG EWR Rheinhessen |
LII | 2009 | Iván Brión | Eq. Nac. España - C.N. Ribeira.- (Galicia) | Margarita Domínguez | C.N. Áncora (Cartaxena) |
LIII | 2010 | Javier F. Ordóñez | E. N. España - R. Canoe N.C. (Madrid) | Isabell Dönath | Eq. Nac. Alemaña-Efurter SSC |
LIV | 2011 | Rob Muffels | E. N. Alemaña- Swim-Team Elmshorn | Érika Villaécija | Eq. Nac. España-C.N. Sant Andreu |
LV | 2012 | Christian Reichert | E. N. Alemaña-S.C. Wiesbaden 1911 | Anna Olasz | Eq. Nac. Hungría-Swimming Club of Szeged |
LVI | 2013 | Rob Muffels | E. N. Alemaña-S.C. Magdeburg | Aurelie Muller | Eq. Nac. Francia-CN Sarreguemines |
LViI | 2014 | Roman Kozhevnikov | E. N. Rusia | Esther Núñez | C.N. Sabadell |
LVIII | 2015 | Roger Rabassa | E. N. España - C.N. Mataró | Svenja Zihsler | E. N. Alemaña - SV Würzburg 05 |
LIX | 2016 | Rob Muffels | E. N. Alemaña-S.C. Magdeburg | Paula Ruiz | Eq. Nac. España-CN Mairena del Aljarafe |
LX | 2017 | Kristóf Rasovszky | E. N. Hungría-Balaton Úszó Klub | Leonie Beck | Eq. Nac. Alemaña-SV Würzburg 05 |
LXI | 2018 | David Huszti | E. N. Hungría- | Veronica Santoni | Eq. Nac. Italia |
LXII | 2019 | Rob Muffels | S.C. Magdeburg- | Sharon van Rouwendaal | Montpellier N. C. |
LXIII | 2020 | Rob Muffels | S.C. Magdeburg- | Ángela Martínez | Elche Club Natación |
Notas
editar- ↑ BOE. "Concesión del título de Fiesta de Interés Turístico Nacional al Descenso a nado de la Ría de Navia". Consultado o 27 de agosto de 2012.