Club Natació Sabadell

Cruz de Sant Jordi 2005 O Club Natació Sabadell é un club de deporte fundado en 1916 na cidade de Sabadell. É unha das entidades deportivas catalás con máis socios, máis de 30 000.

HistoriaEditar

O Club Natación Sabadell foi fundado en 1916 por Joan Valls i Vidal. A primeira sede social foi o bar Imperial da Rambla de Sabadell.

No ano 1918, o club construíu a que sería a primeira piscina de auga doce da España e que estaba situada na rúa de Lacy da cidade. A partir de entón, o club non parou de medrar e no ano 1959 inaugurou a piscina cuberta, que aínda funciona activamente na actualidade. No 2001 o club inaugurou novas piscinas de Can Llong.

O Club Natación Sabadell organizou múltiples competicións deportivas ao longo da súa historia, entre as que destacan o campionato de España de wáter-polo do 1946, a copa de Europa de natación do 1989 e as eliminatorias de wáter-polo dos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992.

Moitos deportistas de renome formaron parte da entidade, coma os nadadores Santiago Esteva Escoda, Martín López Zubero, David Meca, Nina Zhivanevskaia e Lourdes Becerra, e os waterpolistas Joan Serra, Miquel Torres, Vicenç Brugat, Salvador Franch e Dani Ballart.

SecciónsEditar

O club conta con equipos de natación, wáter-polo, atletismo, baloncesto, squash, frontón, futbito, fútbol sala, voleibol, petanca, tenis, tenis mesa, tríatlon e másters.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Páxina oficial do club