Derry Girls
Derry Girls é unha serie de televisión británica, creada e escrita por Lisa McGee e estreada o 4 de xaneiro de 2018 a través de Channel 4.[4] É a comedia máis exitosa da canle dende Father Ted, e está inspirada nas propias experiencias de McGee crecendo en Derry na década de 1990, durante os anos finais do conflito de Irlanda do Norte.[5] Está protagonizada por Saoirse-Monica Jackson, Louisa Harland, Nicola Coughlan, Jamie-Lee O'Donnell e Dylan Llewellyn, no papel de cinco adolescentes que viven no Derry de mediados de 1990 e asisten ao Instituto Our Lady Immaculate, un instituto de secundaria ficticio baseado no real Thornhill College, onde estudou McGee.[6][7] Foi producida pola compañía británica Hat Trick Productions, e foi rodada en Irlanda do Norte, sendo rodadas a maioría das escenas en Derry e algunhas en Belfast.
Derry Girls | |
---|---|
Formato | Comedia adolescente Comedia negra[1][2][3] |
Creado por | Lisa McGee |
Desenvolvido por | Hat Trick Productions |
Dirixido por | Michael Lennox |
Intérpretes | |
Tema de apertura | |
Tema de peche | "Dreams" de the Cranberries |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 19 |
Produción | |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 22–45 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Channel 4 |
Formato de imaxe | HDTV 1080i |
Primeiro episodio | 4 de xaneiro de 2018 |
Derradeiro episodio | 18 de maio de 2022 |
Na rede | |
https://www.channel4.com/programmes/derry-girls | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarDerry Girls está ambientada na vida de catro adolescentes de Derry, Irlanda do Norte, e un de Londres na década de 1990 que estudan nun colexio feminino de monxas católicas. A protagonista é Erin Quinn, unha moza ambiciosa e sarcástica, e o resto do grupo está formado pola súa curmá Orla, as súas amigas Claire e Michelle, e o primo inglés desta última, James. Erin vive na mesma casa cos seus pais, o seu avó materno, a súa tía e a súa curmá.
A historia desenvólvese nos anos 90 e está marcada polo final do conflito de Irlanda do Norte, que tivo en Derry a un dos seus máis tristes protagonistas: a cidade estivo tradicionalmente dividida entre barrios católicos —quen a chaman Derry— e protestantes —Londonderry—, e foi foco de conflitos como a batalla do Bogside (1969) ou o Domingo Sanguento (1972).[8] A pesar diso, a maioría das historias están relacionadas coa adolescencia e a transición cara á madurez.[9] A propia autora, Lisa McGee, é norteirlandesa e baseouse na súa infancia para perfilar a maioría das historias.[10]
O elenco protagonista está formado por xente que xa interpretara algúns papeis en series británicas e irlandesas, mentres que os secundarios son defendidos por xente con experiencia. Entre eles cabe destacar a Ian McElhinney (Game of Thrones), Tommy Tiernan (The Tommy Tiernan Show), Tara Lynne O'Neill (EastEnders) e Ardal O'Hanlon (Father Ted).[11][12]
Elenco e personaxes
editar- Saoirse-Monica Jackson como Erin Quinn
- Louisa Harland como Orla McCool
- Nicola Coughlan como Clare Devlin
- Jamie-Lee O'Donnell como Michelle Mallon
- Dylan Llewellyn como James Maguire
- Tara Lynne O'Neill como Mary Quinn
- Tommy Tiernan como Gerry Quinn
- Kathy Kiera Clarke como Sarah McCool
- Ian McElhinney como Joe McCool
- Siobhán McSweeney como irmá George Michael
- Leah O'Rourke como Jenny Joyce
Episodios
editarTempada | Episodios | Emisión orixinal | ||
---|---|---|---|---|
Inicio | Final | |||
1 | 6 | 4 de xaneiro de 2018 | 8 de febreiro de 2018 | |
2 | 6 | 5 de marzo de 2019 | 9 de abril de 2019 | |
3 | 7 | 12 de abril de 2022[13] | 18 de maio de 2022 |
Recepción
editarDerry Girls converteuse na serie de televisión máis vista en Irlanda do Norte desde que se teñen rexistros, cun 54% de cota de pantalla en termos xerais e un 64% entre o público obxectivo de 16 a 34 anos.[14] A raíz do éxito de audiencia do primeiro episodio, Channel 4 confirmou a segunda tempada e vendeu os dereitos de emisión internacional a Netflix.[15]
As valoracións da crítica especializada foron positivas en termos xerais.[16] O diario The Guardian valorou a súa autenticidade, a súa visión da adolescencia, e a súa capacidade para explicar o día a día da sociedade norteirlandesa, cos mesmos soños e preocupacións que o resto do país.[14]
A serie foi galardoada como «mellor comedia» nos Premios da Televisión Irlandesa de 2018 e nos da Royal Television Society de 2019.[17]
Notas
editar- ↑ Power, Ed (4 de xaneiro de 2018). "Derry Girls, episode 1 review: as much a black comedy about the Troubles as a teenage nostalgia fest". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2019.
- ↑ Lanigan, Michael (4 de xaneiro de 2018). "Tommy Tiernan's new Channel 4 comedy is a must-watch for anyone staying in tonight". Joe. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2019.
- ↑ Bain, Jennifer (2 de xullo de 2019). "From the Troubles to teen angst: Derry Girls helps Northern Ireland city tell a new story". The Globe and Mail. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2019.
- ↑ "Weekly top 30 programmes". Broadcasters' Audience Research Board. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2018.
- ↑ Faruqi, Osman (17 de maio de 2020). "Derry Girls: criminally underrated Irish sitcom fuses hilarity with political heft". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Derry Girls: Father Ted meets The Inbetweeners". The Irish World. 11 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2018.
- ↑ McClements, Freya (3 de febreiro de 2018). "Real-life Derry Girls: 'The nuns are gone but the pupils are the same'". The Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2022.
- ↑ McGreevy, Ronan. "How the Troubles began: a timeline" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2019.
- ↑ Thompson, Rachel. "'Derry Girls' helped me understand my parents' experience growing up during The Troubles" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2019.
- ↑ Ganatra, Shilpa (13 de febreiro de 2018). "How Derry Girls became an instant sitcom classic". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 26 de agosto de 2019.
- ↑ "Tommy Tiernan’s new Channel 4 comedy is a must-watch for anyone staying in tonight" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2019.
- ↑ "Ardal O'Hanlon to guest star in Derry Girls series 2" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2019.
- ↑ Fear, Helen (28 de marzo de 2022). "Derry Girls season 3 start date – when does Channel 4 comedy return?". Entertainment Daily. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2022. Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ 14,0 14,1 "'Stall the ball!' - Derry Girls has become Northern Ireland's biggest series ever". Belfast Telegraph. 21 de febreiro de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ "Netflix Picks Up British Comedy "Derry Girls" Internationally". 25 de novembro de 2018.
- ↑ Ellen, Barbara (11 de febreiro de 2018). "The week in TV: Derry Girls; Endeavour; James Bulger: A Mother's Story and more – review". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ "IFTA | Irish Film & Television Academy | Irish Film & Television Awards". Consultado o 12 de agosto de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Derry Girls |
Ligazóns externas
editar- Derry Girls na IMDb (en inglés).
- Artigo en The Independent