Departamento de Cuscatlán

Cuscatlán é un dos catorce departamentos que conforman a República do Salvador

Modelo:Xeografía políticaDepartamento de Cuscatlán
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 13°43′N 88°56′O / 13.72, -88.93Coordenadas: 13°43′N 88°56′O / 13.72, -88.93
EstadoO Salvador Editar o valor em Wikidata
CapitalCojutepeque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación231.480 (2007) Editar o valor em Wikidata (306,11 hab./km²)
Lingua usadaLingua pipil Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie756,2 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación22 de maio de 1835 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2SV-CU Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Cuzcatlán, era desde a antigüidade unha cidade coñecida polas súas riquezas e o poderío dos seus príncipes, foi considerada a principal metrópole dos aborixes pipís do Salvador precolombiano. Fundada en 1504 polo monarca Topiltzín Acxitl, e librada de moitas guerras polo valente nativo Atlacatl, quen reinou no lugar antes da época colonial.

En 1770, a súa poboación era só de 19 familias indíxenas e 115 ladinos. Os séculos transcorreron e sucesos importantes marcaron a historia da cidade. Cuscatlán constou dos distritos ou partidos de Cojutepeque e Suchitoto, creados en 1786. O departamento foi constituído durante a administración do xefe de Estado Nicolás Espinoza, por Decreto Executivo o 22 de maio de 1835.

Orixinalmente Suchitoto foi a súa cabeceira, pero a partir do 12 de novembro de 1861 é a cidade de Cojutepeque.

Toponimia editar

É de orixe náhua, Kuskat, "colar, pedra preciosa, tesouro" e Tan "locativo". Etimoloxicamente significaría: "lugar de cousas preciosas". O seu topónimo é Kuskatan.

Xeografía editar

A xeografía do departamento de Cuscatlán, é de carácter montañoso, cunhas chairas a beiras do río Lempa. A súa topografía certifícao como terreo apto para a agricultura, e ademais conta coa presenza do lago Llopango, que é un dos seus maiores atractivos turísticos. Atópase situado na rexión central do país e limita polo norte e nordés co departamento de Chalatenango, polo leste con Cabañas, polo sueste con San Vicente, e polo sur co lago de Ilopango e o departamento de La Paz e, por último, polo oeste co departamento de San Salvador. No norte o val do río Lempa orixina unha rexión plana e fértil, apropiada para a actividade agrícola. O centro e sur do departamento, en cambio, son máis montañosos. O departamento comprende unha superficie de 756 km² e ten unha poboación estimada de 216.446 habitantes (2007).

Cultívase sobre todo cana de azucre e, en menor proporción, tabaco, café e cereais. A cabeceira departamental é Cojutepeque, unha das cidades relevantes do Salvador, coñecida como "a cidade das néboas". En anos anteriores, esta cidade, destacou por ser un significativo centro comercial, importante para a manufactura do tabaco, o doce de panela e café de excelente calidade. O traballo artesanal tamén está moi presente en todo o departamento; cabe mencionar as localidades de Tenancingo, onde se realizan traballos de cestaría e fabrícanse chapeus e esteiras, e Suchitoto, centro turístico onde se conservan construcións coloniais e desenvólvese a olaría, cestaría e pirotecnia.

Economía editar

A súa economía fundaméntase basicamente na agricultura que se especifica no cultivo da cana de azucre. Así mesmo,  en menor proporción do tabaco, que é de excelente calidade. A manufactura de artesanías é outro dos alicerces fundamentais da economía deste departamento.

Son expertos na fabricación de chapeus, cestas de todo tipo e esteiras, concretamente no municipio de Tenancingo. Tamén, a pirotecnia e a olaría están presentes no fundamento da economía do departamento de Cuscatlán.  A isto súmaselle a fabricación do doce de panela no municipio Suchitoto.

A economía do departamento está moi ben considerada no país, ocupa o terceiro lugar do país presentando un produto interno bruto de 0,900.

A economía de Cuscatlán é a terceira máis grande do Salvador só superada por La Libertad e San Salvador. Posúe unha economía mixta baseada na agricultura maiormente. A súa capital, Cojutepeque, ten un alto índice de desenvolvemento.

Demografía editar

O departamento comprende unha superficie de 756 km² e ten unha poboación estimada de 216.446 habitantes

Relixión

O catolicismo representa o 60% da poboación e o protestantismo representa o 30%. O 7% da poboación non profesa ningunha relixión e o 3% pertence a outras relixións.

División administrativa editar

Municipios editar

  1. Cojutepeque (capital)
  2. Candelaria
  3. El Carmen
  4. El Rosario
  5. Monte San Juan
  6. Oratorio de Concepción
  7. San Bartolomé Perulapía
  8. San Cristóbal
  9. San José Guayabal
  10. San Pedro Perulapán
  11. San Rafael Cedros
  12. San Ramón
  13. Santa Cruz Analquito
  14. Santa Cruz Michapa
  15. Suchitoto
  16. Tenancingo

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Atlas Geográfico Universal y de El Salvador. Editorial Océano. Edición 1995 ISBN 84-494-0135-6

Ligazóns externas editar