Departamento de La Paz, O Salvador
La Paz é un dos catorce departamentos que conforman a República do Salvador. A capital é a cidade de Zacatecoluca. O departamento de La Paz encóntrase situado no sector centro-sur do Salvador. Os seus límites son o lago de Ilopango e o departamento de Cuscatlán polo norte, o departamento de San Vicente polo nordés e leste, os departamentos de San Salvador e La Libertad polo oeste e o océano Pacífico polo Sur.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | O Salvador | ||||
Capital | Zacatecoluca | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 318.374 (2024) (260,11 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua pipil | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.224 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1852 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | SV-PA | ||||
Historia
editarO territorio do departamento, de acordo cos restos arqueolóxicos encontrados no sector comprendido entre os ríos Lempa e Jiboa, estivo poboado por comunidades maiances até finais do século XI. Logo produciuse a primeira migración invasora de pobos nahuas mesoamericanos.
Tras a ocupación tolteca, que tendían a mesturarse coas tribos locais, establecéronse catro séculos despois os nonualcos, pertencentes ao grupo náhua de kuskatan. A eles débeselle a fundación ou repoboación de núcleos urbanos como os de Cuyultitán, Analco, Tecoluca, Santiago, San Pedro, San Juan Nonualco, Santa María Ostuma e Zacatecoluca. Esta última poboación era, en tempos da colonia, unha das catro urbes precolombianas de maior importancia do país e, como tal, foi designada cabeceira de partido en 1786.
En 1814, a cidade de Zacatecoluca protagonizou un dos episodios máis significativos do movemento independentista salvadoreño, cando os nonualcos alzáronse en armas, tomaron a poboación e obrigaron ao seu intendente a proclamar a emancipación. Unha vez lograda esta, a crecente poboación e riqueza de Zacatecoluca determinou que en 1823 a poboación fora elevada a categoría de vila, alcanzando a de cidade en 1844.
En 1852, o goberno de Francisco Dueñas creou o departamento a partir de territorio que desde 1824 era parte do departamento de San Vicente.
Xeografía
editarRelevo
editarO relevo do departamento de La Paz está determinado por unha rexión montañosa, que abrangue a súa maior parte, e unha chaira costeira. A primeira está formada polos contrafortes da cordilleira Central (La Libertad - San Salvador - San Vicente), pertencente ao Eixo volcánico salvadoreño-guatemalteco e está atravesada por varios vales fluviais. O seu máximo cumio é o volcán San Vicente ou Chichontepec, xunto o cal destacan os cerros El Volcancito e La Carbonera (os únicos que superan os 1,000 m). A chaira costeira, cunha anchura que oscila entre os 10 e 20 km, é unha planicie aluvial atravesada por unha gran cantidade de ríos, na que se encontran numerosos esteiros.
O punto máis alto do territorio atópase nas coordenadas 13.596300,-88.838114,[1] especificamente no volcán Chinchontepec a 2.182 msnm.
Hidrografía
editarEntre os esteiros singulares figuran os de Jaltepeque, con varias illas interiores, Limpio, Solomillo e El Esterón. Outros accidentes do litoral dominado pola chaira son as praias La Zunganera, El Pimental, San Marcelino, Las Hojas e Los Blancos, e a punta e bocana de Cordoncillo. A rede hidrográfica está composta por numerosos ríos que desembocan no Pacífico, como o Tihuapa e o Comalapa; ou integran as concas dos ríos Jiboa (emisario do lago Ilopango), como o Sepaquiapa e o Tilapa, e como tamén do Lempa.
O lago Ilopango é de orixe volcánica e no seu interior encóntrase a illa Cerro Los Patos. Con arredor de 4300 ha, é o segundo corpo de auga salobre máis grande do Salvador, así como unha das principais extensións de bosque salgado (mangleiro). Atópase na porción oriental costeira do Departamento de La Paz a uns 60 km de San Salvador, e nel áchase a zona turística de praia denominada Costa do Sol, con amplas instalacións hostaleiras, incluídas algunhas nas illas.
Completan o sistema hidrográfico do departamento as lagoas de Nahualapa, Limpia, El Gallo, Jauta, Contreras, Solomilla e El Patrono.
Clima
editarO clima é temperado húmido na zona montañosa, con choivas que superan os 2,000 mm ao ano, e cálido e semihúmido nos vales septentrionais, o centro e a chaira litoral, con choivas de 1,500 mm anuais. A flora do departamento está representada por especies típicas do bosque húmido tropical e húmido subtropical.
División política e administrativa
editarO departamento de La Paz comprende catro distritos e vinte e dous municipios.[2][3]
Distritos
editarO departamento está dividido en 4 distritos, que son:
Distrito de Zacatecoluca
editarCreado no ano 1786, comprende os municipios de:
- Zacatecoluca (Capital o Cabecera departamental)
- San Juan Nonualco
- Santiago Nonualco
- San Luis La Herradura
- San Rafael Obrajuelo
Distrito de Olocuilta
editarCreado no ano 1786, comprende os municipios de:
Distrito de San Pedro Masahuat
editarCreado no ano 1892, comprende os municipios de:
Distrito de San Pedro Nonualco
editarCreado no ano 1892, comprende os municipios de:
Municipios
editarO departamento está dividido en 22 municipios, que son:
- Zacatecoluca (Capital)
- Cuyultitán
- El Rosario
- Jerusalén
- Mercedes La Ceiba
- Olocuilta
- Paraíso de Osorio
- San Antonio Masahuat
- San Emigdio
- San Francisco Chinameca
- San Pedro Masahuat
- San Juan Nonualco
- San Juan Talpa
- San Juan Tepezontes
- San Luis La Herradura
- San Luis Talpa
- San Miguel Tepezontes
- San Pedro Nonualco
- San Rafael Obrajuelo
- Santa María Ostuma
- Santiago Nonualco
- Tapalhuaca
Notas
editar- ↑ "13°35'46.7"N 88°50'17.2"W". 13°35'46.7"N 88°50'17.2"W. Consultado o 2020-12-10.
- ↑ "Distritos de El Salvador". Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Municipios y Distritos de El Salvador". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2022. Consultado o 04 de maio de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Departamento de La Paz, O Salvador |
Bibliografía
editar- Atlas Geográfico Universal y de El Salvador, Editorial OCEANO, 1993 e 1995 ISBN 84-494-0135-6