Departamento de San Vicente
San Vicente é un dos catorce departamentos que conforman a República do Salvador, na rexión Paracentral. A cidade cabeceira é San Vicente.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | O Salvador | ||||
Capital | San Vicente | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 161.645 (2007) (136,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.184 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1824 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | SV-SV | ||||
San Vicente é a cidade cabeceira do municipio e departamento homónimos. Foi fundada no ano 1635 e chegou a ser capital da república no século XIX. Durante a colonización española, foi unha das localidades máis importantes da Intendencia de San Salvador.
Historia
editarNo departamento atopáronse restos e vestixios arqueolóxicos da cultura dos nahuas de kuskatan e dos nonualcos, en municipios como San Cayetano Istepeque, Verapaz, Tepetitán e Tecoluca. O departamento foi creado durante a administración do primeiro xefe de Estado e prócer da Independencia Centroamericana Juan Manuel Rodríguez, o 12 de xuño de 1824 e funcionou como capital do Salvador de 1834 a 1840.
Xeografía
editarO departamento pertence á zona central da república. Limita polo norte co departamento de Cabañas, polo leste, cos de San Miguel e Usulután, polo sur, con Usulután, La Paz e o océano Pacífico, e polo oeste, con La Paz e Cuscatlán.
O seu punto máis elevedo sitúase nas coordenadas 13.596546, -88.837866,[1] especificamente no volcán Chinchontepec a 2.182 msnm.
División administrativa
editarDistritos
editarConsta de dous distritos que son:
- San Vicente: San Vicente, Apastepeque, Guadalupe, Tecoluca, Verapaz, Tepetitán, San Cayetano Istepeque.
- San Sebastián: San Sebastián, San Esteban Catarina, San Lorenzo, Santo Domingo, San Ildefonso, Santa Clara
Municipios
editarO departamento de San Vicente está dividido en 13 municipios:
Municipio | Territorio | Poboación |
---|---|---|
Apastepeque | 120,56 km² | 20 285 hab. |
Guadalupe | 21,51 km² | 6 369 hab. |
San Cayetano Istepeque | 17,01 km² | 6 473 hab. |
San Esteban Catarina | 78,14 km² | 4 147 hab. |
San Ildefonso | 136,37 km² | 10 015 hab. |
San Lorenzo | 18,71 km² | 7 027 hab. |
San Sebastián | 61,83 km² | 15 193 hab. |
San Vicente | 267,25 km² | 52 404 hab. |
Santa Clara | 124,46 km² | 5 145 hab. |
Santo Domingo | 16,41 km² | 7 970 hab. |
Tecoluca | 284,65 km² | 31 711 hab. |
Tepetitán | 12,81 km² | 4 775 hab. |
Verapaz | 24,31 km² | 7 099 hab. |
Poboación estimada: 155 265 habitantes (2001) Extensión territorial: 1 184,02 km²
Notas
editar- ↑ "13°35'47.6"N 88°50'16.3"W". Consultado o 2020-12-10.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Departamento de San Vicente |