Departamento de Cortés
Cortés é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado na zona norte desta. Este departamento ocupa o primeiro lugar no país en canto ao número de habitantes, e é tamén onde se concentra a maior parte da actividade industrial de país. Ten unha superficie de 3.954 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 1 365 497 habitantes. A capital departamental é San Pedro Sula.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/Cortes_in_Honduras.svg/250px-Cortes_in_Honduras.svg.png)
O departamento recibiu este nome polo conquistador español Hernán Cortés, quen chegou a Honduras en 1525 e foi quen orixinalmente organizou a conquista da rexión.
Historia
editarO departamento de Cortés foi creado o 4 de xullo de 1893 polo presidente Domingo Vásquez. Este novo departamento naceu de partes do departamento de Santa Bárbara e Yoro.
Coa chegada dos españois, este territorio foi un dos primeiros sitios de Honduras en ser conquistado. En 1536 Pedro de Alvarado fundou a cidade de San Pedro de Puerto Caballos no val de Choloma. Esta cidade é actualmente a cabeceira departamental e a capital industrial e cidade máis grande de Honduras.
Antes fora fundada a cidade de Puerto Cortés baixo o nome de Puerto Caballos en 1524, por Hernán Cortés. Co paso do tempo, Puerto Cortés converteuse no porto máis importante de Honduras.
Economía
editarA economía de Cortés esta centrada principalmente en San Pedro Sula e Puerto Cortés, que son as dúas cidades máis importantes de Cortés, xa que Puerto Cortés ten o porto máis importante de Centroamérica e San Pedro Sula está considerada a "Capital Industrial" de Honduras e é nesta cidade onde se desenvolve a maior parte da economía do país .
A presenza de maquiladoras estimula unha migración interna cara ao departamento. Tamén esta migración interna está asociada a unha emigración cara México e Estados Unidos.
Municipalidades
editarMunicipio | Superficie | Poboación | Aldeas | Casaríos | Feira Patronal |
---|---|---|---|---|---|
San Pedro Sula | 1,009.5 km² | 1,300,000 hab. | 69 | 130 | 29 de xuño |
Puerto Cortés | 391.2 km² | 200,000 hab. | 37 | 66 | 10-17 de agosto |
Choloma | 471.1 km² | 260,000 hab. | 45 | 114 | 11 de febreiro |
La Lima | 116 km² | 60,000 hab. | 26 | 76 | 30 de agosto |
Omoa | 382.8 km² | 30,000 hab. | 26 | 76 | 30 de marzo |
San Manuel | 138.8 km² | 30,000 hab. | 7 | 30 | 16-22 de setembro |
San Antonio de Cortés | 227.1 km² | 20,000 hab. | 15 | 66 | 13 de xuño |
San Francisco de Yojoa | 96.8 km² | 25,000 hab. | 10 | 15 | 4 de outubro |
Potrerillos | 88.3 km² | 25,000 hab. | 10 | 26 | 29 de setembro |
Pimienta | 61.0 km² | 15,000 hab. | 3 | 15 | 5 de agosto |
Santa Cruz de Yojoa | 725.6 km² | 65,000 hab. | 45 | 159 | 3 de marzo |
Villanueva | 361.8 km² | 80,000 hab. | 20 | 66 | 24 de agosto |