Departamento de Yoro

departamento de Honduras

Yoro é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado no centro-norte desta. A capital departamental é Yoro. Ten unha superficie de 7.939 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 503.886 habitantes.

Limita polo norte co departamento de Atlántida, polo sur limita cos departamentos de Comayagua e Francisco Morazán, polo leste cos departamentos de Olancho e Colón e polo oeste co departamento de Cortés.

Municipios editar

  1. Arenal
  2. El Negrito
  3. El Progreso
  4. Jocón
  5. Morazán
  6. Olanchito
  7. Santa Rita
  8. Sulaco
  9. Victoria
  10. Yorito
  11. Yoro

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.