Deodoro da Fonseca
Manuel Deodoro da Fonseca, nado en Alagoas da Lagoa do Sul (Alagoas, actualmente Marechal Deodoro) o 5 de agosto de 1827 e finado en Río de Xaneiro o 23 de agosto de 1892, foi un político brasileiro, primeiro Presidente da República do Brasil.
Nome orixinal | (pt) Manuel Deodoro da Fonseca |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de agosto de 1827 Marechal Deodoro, Brasil (pt) |
Morte | 23 de agosto de 1892 (65 anos) Barra Mansa, Brasil |
Lugar de sepultura | Cemitério de São Francisco Xavier (pt) |
1º Presidente do Brasil | |
15 de novembro de 1889 – 23 de novembro de 1891 ← Pedro II do Brasil – Floriano Peixoto → | |
Governador do Rio Grande do Sul (pt) | |
8 de maio de 1886 – 9 de novembro de 1886 | |
Datos persoais | |
Educación | Academia Militar das Agulhas Negras (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Partido político | político independente |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Brasileiro (pt) |
Rango militar | mariscal |
Conflito | Guerra do Paraguai |
Familia | |
Cónxuxe | Mariana da Fonseca |
Nai | Rosa Maria Paulina da Fonseca |
Irmáns | Hermes Ernesto da Fonseca Severiano Martins da Fonseca |
Parentes | Hermes da Fonseca, sobriño |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarParticipou de varios eventos, destacouse na represión á Revolución Praieira, no cerco a Montevideo e en moitas batallas na Guerra da Tripla Alianza, progresando rapidamente na carreira militar grazas ás promocións como combatente. Foi Presidente da entón Provincia do Rio Grande do Sul.
Deodoro desagradou ao Imperio Brasileiro debido ás súas actitudes durante a chamada Cuestión Militar. Como castigo, foi enviado á entón Provincia de Mato Groso, baixo as ordes do coronel Cunha Matos.
Retornou ao Río de Xaneiro o 13 de setembro de 1889. Tivo un importante papel na revolución que derrubou a monarquía o 15 de novembro daquel ano.
Asumiu o cargo provisoriamente no mesmo día 15 de novembro de 1889. O novo goberno comezou traballando freneticamente emitindo varias leis. Tanto é así que, antes de que rematase 1889 todo o sistema político e administrativo da República xa estaba montado.
O Brasil tornouse unha república federal provisoria onde todos os homes brasileiros e alfabetizados pasaron a ter dereito ao sufraxio universal, o voto. Xurdiron tamén os actuais himno e bandeira do Brasil, coa frase Ordem e Progresso ("orde e progreso"), de inspiración positivista.
Deodoro foi elixido presidente o 25 de febreiro de 1891 polo Congreso Nacional brasileiro, con 129 votos. Prudente de Morais obtivo 97 votos. O seu mandato conseguiuno en gran parte grazas á presión de sectores militares (especialmente do exército), e contra a vontade do sector civil e de sectores dos militares.
Deodoro da Fonseca disolveu o Congreso o 3 de novembro de 1891, coa aprobación dunha lei que permitía o impeachment do Presidente.
O 23 de novembro de 1891 ocorreu o episodio da Revolta da Esquadra, cando o Almirante Custódio de Melo, a bordo do navío de guerra Riachuelo, ameazou bombardear a cidade do Río de Xaneiro, forzando a renuncia de Deodoro, que entregou o poder ó vicepresidente, Floriano Peixoto.
Illado, doente, Manuel Deodoro da Fonseca morreu no Río de Xaneiro, o 23 de agosto de 1892. Pediu que o enterrasen con roupas civís, o que non lle foi concedido: o seu enterro tivo toda a pompa e honras militares.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Termo da Monarquía e proclamación da República - páxina do Exército Brasileiro
- A Invenção Republicana, Renato Lessa (Editora Vértice)
- Os Militares e a República, Celso Castro
- Deodoro: A Espada Contra o Império, Roberto Magalhães Júnior (Companhia Editora Nacional, 1957)