Floriano Peixoto

político brasileiro

Floriano Vieira Peixoto, nado no barrio de Vila de Ipioca (hoxe barrio Floriano Peixoto) en Alagoas o 30 de abril de 1839 e finado en Barra Mansa o 29 de xuño de 1895, foi un militar (mariscal) e político brasileiro. Foi o primeiro vice-presidente e o segundo presidente do Brasil.

Floriano Peixoto
Florianovieirapeixoto.jpg
Nacemento30 de abril de 1839
Lugar de nacementoMaceió
Falecemento29 de xullo de 1895 e 29 de xuño de 1895
Lugar de falecementoRío de Xaneiro
NacionalidadeBrasil
Alma máterAcademia Militar das Agulhas Negras
Ocupaciónpolítico
CónxuxeJosina Peixoto
Na rede
WikiTree: Vieira_Araújo_Peixoto-1 Find a Grave: 245080678 Editar o valor em Wikidata
Presidente Floriano Peixoto assinatura.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De familia pobre, foi criado polo tío, coronel José Vieira de Araújo Peixoto. Co 16 anos foi para a cidade do Río de Xaneiro. Alí ingresou na Escola Militar e recibiu o posto de primeiro-tenente. Formouse en Ciencias Físicas e Matemáticas.

Floriano ocupou postos inferiores na xerarquía militar ata a Guerra de Paraguai, cando acadou o posto de tenente-coronel. Ingresou na política como presidente da provincia de Mato Groso. En 1889 coa proclamación da República converteuse en vice-presidente de Deodoro da Fonseca.

Recibiu a alcuño de Mariscal de Ferro pola violenta forma como reprimiu rebelións durante o seu goberno. Entre elas a Revolta da Armada na cidade do Río de Xaneiro, e a Revolución Federalista no Rio Grande do Sul. Despois de reprimir violentamente esta revolución, a cidade de Desterro, en Santa Catarina, foi renomeada Florianópolis.

Entregou o poder ao civil Prudente de Morais en 15 de novembro de 1894 e faleceu no ano seguinte.

Predecesor::
Deodoro da Fonseca
Presidente do Brasil entre:
1891-1894
Sucesor:
Prudente de Morais