Abrir o menú principal

Denis Mukwege

Xinecólogo congolés

Denis Mukengere Mukwege, nado o 1 de marzo de 1955,[1][2] é un xinecólogo congolés. É o fundador do Hospital Panzi de Bukavu, onde está especializado no tratamento de mulleres que sufriron unha violación en grupo por forzas rebeldes e militares. Mukwege converteuse nun experto mundial na reconstrución interna do dano causado por esta clase de agresións sexuais.[3]

Denis Mukwege
Nobel prize medal.svg
Denis Mukwege par Claude Truong-Ngoc novembre 2014.jpg
Denis Mukwege en novembro de 2014.
Nome completoDenis Mukengere Mukwege
Nacemento1 de marzo de 1955 (64 anos)
 Bukavu, Kivu do Sur, República Democrática do Congo R.D. do Congo
NacionalidadeRepública Democrática do Congo
RelixiónPentecostalismo
Alma máterUniversidade Libre de Bruxelas, University of Angers e University of Burundi
Ocupaciónxinecólogo
PremiosPrémio Olof Palme, cabaleiro da Lexión de Honor, Premio Sakharov, Premios Nobel Alternativos, United Nations Prize in the Field of Human Rights, Civil Courage Prize, Honorary doctorate Umeå University, Premio Nobel da Paz, Wallenberg Medal e honorary doctor of Harvard University
editar datos en Wikidata ]

Mukwege tratou milleiros de mulleres que foron vítimas de violacións de guerra dende a Segunda Guerra do Congo, algunhas delas máis dunha vez, levando a cabo 10 cirurxías ó día. El ten descrito como as súas pacientes chegan ó hospital, polo xeral en terribles condicións, e algunhas veces até espidas.[3] En 2014 Mukwege foi galardoado co Premio Sakharov da Unión Europea. Un ano antes, en 2013, recibiu o primeiro dos tres nomeamentos para o Premio Nobel da Paz.[4] O 28 de maio de 2015, Mukwege foi honrado como Doutor en Leis pola Universidade Harvard.[5]

En 2018 Mukengere e Nadia Murad recibiron xuntos Premio Nobel da Paz polo seu esforzo en erradicar a violencia sexual como arma de guerras en conflitos armados.[6]

NotasEditar

  1. European Parliament/News, ed. (21 de outubro de 2014). "Denis Mukwege: winner of Sakharov Prize 2014". Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  2. Fondation Chirac, ed. (10 de outubro de 2013). "Denis Mukwege, Laureate of the 2013 Prize for conflict prevention". Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 Nolen, Stephanie. "Where repairing rape damage is an expertise," The Globe and Mail, 22 de outubro de 2008.
  4. CNN, ed. (10 de outubro de 2013). "Nobel Peace Prize: Congo rape trauma surgeon among favorites". Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  5. "Ten to receive honorary degrees.". 
  6. "Premio Nobel da Paz 2018" (en inglés). Consultado o 31 outubro 2018. 

Véxase taménEditar