Delfín Mein Estévez
xornalista galego
Delfín Mein Estévez, que asinaba como Delfín M. Estévez, nado en Ribadavia en 1869 e finado en Vilagarcía de Arousa o 24 de xaneiro de 1929[1], foi un xornalista galego.
Delfín Mein Estévez | |
---|---|
Nacemento | 1869 |
Lugar de nacemento | Ribadavia |
Falecemento | 24 de xaneiro de 1929 |
Lugar de falecemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Instalouse en Vilagarcía de Arousa en 1890. Foi correspondente en Vilagarcía de Gaceta de Galicia e El Noroeste redactor de El Liberal e director de Galicia Nueva. Participou nas campañas e mitins de Acción Gallega. Foi candidato das Federacións agrarias de Cambados á deputado provincial polo distrito de Caldas-Cambados en 1914, pero non foi proclamado pola Xunta Electoral de Pontevedra. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Vilagarcía de Arousa.
Vida persoal Editar
Casou en primeiras nupcias con Antonia Cosío, que finou en 1904.
Notas Editar
- ↑ Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 25-1-1929, p. 2.