Declinación en alemán
A declinación en alemán (Alemán: deutsche Deklination) caracteriza o idioma como unha lingua fusional, pois pronomes, substantivos, adxectivos e artigos son declinados. O Alemán conserva tres xéneros: masculino, feminino e neutro; dous números: singular e plural; e catro casos gramaticais: nominativo, acusativo, dativo e xenitivo.
Artigos
editarArtigos determinados
editarOs artigos determinados (Alemán: definiter Artikel, bestimmtes Geschlechtswort) equivalen ás palabras o, a, os, as, do Galego.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | der | den | dem | des |
Feminino | die | die | der | der |
Neutro | das | das | dem | des |
Plural | die | die | den | der |
Artigos indeterminados
editarOs artigos indeterminados (Alemán: indefiniter Artikel, unbestimmtes Geschlechtswort) equivalen ás palabras un e unha do Galego. Non hai plural do artigo indeterminado en Alemán.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | ein | einen | einem | eines |
Feminino | eine | eine | einer | einer |
Neutro | ein | ein | einem | eines |
Artigos negativos
editarO artigo negativo (Alemán nova: Nullartikel) declina da mesma forma que o artigo indeterminado, pero si que posúe plural. Equivale ás palabras ningún, ningunha, ningúns, ningunhas, do Galego.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | kein | keinen | keinem | keines |
Feminino | keine | keine | keiner | keiner |
Neutro | kein | kein | keinem | keines |
Plural | keine | keine | keinen | keiner |
Pronomes
editarPronomes persoais
editarPrimeira persoa
editarOs pronomes persoais da primeira persoa do singular do Alemán equivalen ás palabras galegas eu, me e min. Os do plural equivalen ás palabras galegas nós e nos.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Singular | ich | mich | mir | meiner |
Plural | wir | uns | uns | unser |
Segunda persoa
editarOs pronomes persoais da segunda persoa do sigular do Alemán equivalen ás palabras galegas ti, te, che e ti. Os do plural equivalen ás palabras galegas vós e vos.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Singular | du | dich | dir | deiner |
Plural | ihr | euch | euch | eurer |
Terceira persoa
editarOs pronomes persoais da terceira persoa do sigular do Alemán equivalen ás palabras galegas el, ela, o, a e lle. Os do plural equivalen ás palabras galegas eles, elas, os, as e lles. O reflexivo equivale ao se, si.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | Reflexivo | |
---|---|---|---|---|---|
Masculino | er | ihn | ihm | seiner | sich |
Feminino | sie | sie | ihr | ihrer | sich |
Neutro | es | es | ihm | seiner | sich |
Plural | Sie | sie | ihnen | ihrer | sich |
Pronomes interrogativos
editarNominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
wer | wen | wem | wessen |
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | welcher | welchen | welchem | welchen |
Feminino | welche | welche | welcher | welchen |
Neutro | welches | welches | welchem | welchen |
Plural | welche | welche | welchen | welchen |
Pronomes relativos
editarOs pronomes relativos substituen un elemento nunha oración subordinada. Declinan de acordo coa función que desempeñan na oración subordinada. En Galego, son: que, quen, o cal, a cal, os cales, as cales, cuxo, cuxos, cuxa e cuxas.
Nominativo | Acusativo | Dativo | xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | der | den | dem | dessen |
Feminino | die | die | der | deren |
Neutro | das | das | dem | dessen |
Plural | die | die | denen | deren |
Pronomes posesivos
editarTodos os pronomes posesivos do Alemán (mein, dein, sein, ihr, unser, euer e Ihr) seguen o padigrama de inflexión de abaixo, en concordancia co substantivo seguinte: (o posesivo euer muda para eur- ao recebir desinencia)
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | - | -en | -em | -es |
Feminino | -e | -e | -er | -er |
Neutro | - | - | -em | -es |
Plural | -e | -e | -en | -er |
Adxectivos
editarOs adxectivos en Alemán poden ter dúas funcións: prepositiva (como en "a praia é bela") ou atributiva (como en "a bela praia..."). Cando os adxectivos son prepositivos, non declinan. Cando son atributivos, concordan coa palabra á que se referen.
Declinación forte
editarA declinación forte ocorre cando non hai artigo ou pronome precedendo o adjetivo. É moi semellante á declinación do artigo definido.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | -er | -en | -em | -en |
Feminino | -e | -e | -er | -er |
Neutro | -es | -es | -em | -en |
Plural | -e | -e | -en | -er |
Declinación mixta
editarA declinación mixta ocorre cando hai artigo indefinido ou pronome posesivo precedendo o adxectivo.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | -er | -en | -en | -en |
Feminino | -e | -e | -en | -en |
Neutro | -es | -es | -en | -en |
Plural | -en | -en | -en | -en |
Declinación fraca
editarA declinación fraca ocorre cando hai un artigo definido ou pronome (non posesivo) precedendo o adxectivo.
Nominativo | Acusativo | Dativo | Xenitivo | |
---|---|---|---|---|
Masculino | -e | -en | -en | -en |
Feminino | -e | -e | -en | -en |
Neutro | -e | -e | -en | -en |
Plural | -en | -en | -en | -en |
Casos
editarNominativo
editarCando non se pode recoñecer o acusativo, dativo ou xenitivo, vemos o nominativo.
- O idioma é difícil.
- Die Sprache ist schwierig.
Acusativo
editarCando o artigo podería ser trocado por un pronome oblicuo.
Eu teño a caneta. = Téñoa eu
- Eu dou o lapis.
- Ich gebe den Bleistift.
Dativo
editarPrecedido dunha preposición.
- Eu estou con o sofá.
- Ich bin mit der Couch.
Xenitivo
editarPosesión.
- Os amigos do can.
- Die Freunde des Hundes.