Declaracións de Bonn-Copenhague

As Declaracións de Bonn-Copenhage son dúas declaracións redactadas de maneira independente polos gobernos de Dinamarca e Alemaña en 1955, aínda vixentes na actualidade. Nelas ambos estados recoñecen ás minorías de alemáns e dinamarqueses nos seus respectivos territorios e garanten os dereitos dos cidadáns das mesmas.

Selo da RFA de 1985 conmemorando o 30 aniversario das Declaracións.

Contido editar

 
Resultado do plebiscito de Schleswig de 1920 que resultou na división do territorio entre Dinamarca e Alemaña.

Malia a seren formalmente unilaterais, de facto son practicamente idénticas e representan un acordo entre ambos os dous países no relativo aos dereitos das minorías dinamarquesa e alemá na zona fronteiriza do istmo da península de Iutlandia, no que era o antigo ducado de Schleswig. Esta zona, foi bicultural e bilingüe durante séculos mais quedou dividida entre Dinamarca e Alemaña en 1920 despois de celebrados os plebiscitos de Schleswig, articulados polo Tratado de Versalles que puxo fin á primeira guerra mundial.

De acordo ás declaracións, as minorías teñen a liberdade de conservar a súa nacionalidade e cultura a ambos os dous lados da fronteira. O acordo bilateral foi signado en Bonn, entón capital de Alemaña Occidental, o 29 de marzo de 1955. Acto seguido, o parlamento danés redactou a súa declaración o 21 de abril e o parlamento alemán faría o propio o 7 de xuño do mesmo ano. As dúas declaracións buscan a convivencia pacífica e harmónica entre ambas colectividades.

Ambas as dúas declaracións reafirman a vixencia dos dereitos e liberdades individuais para os membros das minorías. Os dous países adquiren o compromiso de que a lingua da minoría será incorporada á administración, xustiza e ensino de cadansúa parte de Schleswig, e a alemá deixa sen efecto a barreira electoral do 5% requirida para obter representación nas cámaras lexislativas para os partidos representantes da minoría dinamarquesa.[1]

Notas editar

  1. "State Constitutional Court of Schleswig-Holstein - LVerfG 9/12 -" (PDF). schleswig-holstein.de. Consultado o 30-9-2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía: editar

Ligazóns externas: editar