Bilingüe
Bilingüe é unha curtametraxe de Cecila Perolio, rodada en 2007 en formato HDV, con localizacións en Santiago de Compostela e Vedra. Trátase dunha comedia romántica, onde ante a incapacidade de sincerarse, os protagonistas intentan amosar os sentimentos mediante a música, a literatura ou o cinema. A banda sonora inclúe os temas "Dream a catfish" (Joserra Lorenzo), "Amor cromático" (Psicofónica de Conxo), "Fouet d'amour" (Marcelino Galán) e "G" (deJune).
Bilingüe | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Cecilia Perolio |
Guión | Cecilia Perolio |
Intérpretes | Arantza Villar (Helena), Marcos Correa (Diego), Marta Pazos (Carmen), Borja Fernández, Clara Gayo |
Fotografía | Olmo Couto |
Montaxe | Jorge Coira |
Estrea | 17 de abril de 2008 |
Duración | 15 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | comedia |
Orzamento | 11.962 € |
Argumento
editarHelena é unha actriz de Allariz que chega a Santiago de Compostela a facer un curso de danza, instalándose no piso da súa amiga Carmen. Alí atópase con Diego, en certo modo parella de Carmen, e entre os dous xorde certa tensión sexual.
Mentres ven a película Festen, de Thomas Vinterberg, falan das relacións de parella e das relacións sexuais, pero sen seren capaces de dicirlle ao outro os seus sentimentos. Helena marcha para cama atopándose mal, en parte debido ao consumo de haxix e de viño.
Cando Helena colle unha botella de leite do frigorífico, Diego sorpréndea por detrás e teñen na mesma cociña unha relación sexual, pero ao espertar vese que fora un soño. Malia que Diego marcha de viaxe, a historia remata cun final aberto, coa chegada ao piso dun mensaxeiro.