Folketinget

Seal of the Folketing of Denmark.svg

Folketinget é o nome da cámara parlamentaria de Dinamarca. A partir do ano 1953 é a única cámara do país, froito dun cambio da constitución. No período 1849-1953 existiron dúas cámaras, Landstinget e Folketinget.

A sala de Christiansborg onde ten sede Folketinget na Noite da Cultura de 2006

ComposiciónEditar

Folketinget ten 179 membros elixidos por un máximo de 4 anos. Destes, dous deputados son elixidos por Groenlandia, e outros dous polas Illas Feroe, dado que forman parte do reino de Dinamarca, chamado Rigsfællesskabet en dinamarqués, como dúas rexións autónomas.

SedeEditar

 
Christiansborg

Folketinget ten a súa sede en Christiansborg na illa de Slotsholmen da capital dinamarquesa de Copenhaguen.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Páxina oficial de Folketinget (en inglés)