Dean Jagger

actor estadounidense

Dean Jeffries Jagger,[1] nado en Columbus Grove[2] ou en Lima[3] (Ohio) o 7 de novembro de 1903 e finado en Santa Monica (California) o 5 de febreiro de 1991 foi un actor estadounidense.

Dean Jagger
Dean Jagger in Dangerous Number trailer.jpg
Dean Jagger en Dangerous Number (1937).
Nome completoDean Jeffries Jagger
Nacemento7 de novembro de 1903
LugarColumbus ou Lima (Ohio)
Falecemento5 de febreiro de 1991 (87 anos)
LugarSanta Monica (California)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
RelixiónIgrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días
Educado enWabash College
Cónxuxe(s)Antoinette Lawrence (1935–1943)
Gloria Ling (1947–1967)
Etta Mae Norton (1968–1991)
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0415591 Allocine: 3604 Allmovie: p35003 TCM: 93681 TV.com: people/dean-jagger IBDB: 46771
Musicbrainz: 4b9e02c2-8208-4763-ba62-ae666d321be6 WikiTree: Jagger-278 Find a Grave: 8585 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Durante a súa infancia abandonou a escola varias veces antes de chegar ao Wabash College. Finalmente tamén o deixou, dándose de conta de que a vida académica non era para el.[4] Durante varios semestres ensinou todos os graos nunha escola elemental antes de marchar a Chicago.[2]

Estudou interpretación no Lyceum Arts Conservatory de Chicago,[4] uníndose a unha compañía como substituto de Spencer Tracy.[2] Actuou en vodevís, na radio e no teatro,[2] debutando en Broadway en 1925 nunha produción de George M. Cohan.[4] Seguiu en Broadway durante as décadas de 1930 e 1940.

Jagger tivo o seu primeiro papel no cinema en The Woman from Hell (1929), con Mary Astor e o seu primeiro papel importante foi o protagonista de Brigham Young (1940).[5] Foi un actor de carácter recoñecido que apareceu en case cen filmes e gañou o Oscar ao mellor actor secundario por Twelve O'Clock High (1949).

En 1947 intentou casar coa súa segunda esposa, Gloria Ling, mais foilles denegada a licenza de matrimonio en California pola lei estatal que "prohibe as unións entre caucásicos e mongois [sic]"; o pai de Ling nacera na China.[6]

Participou en filmes coma The Robe (1953), White Christmas (1954), Bad Day at Black Rock (1955), con Spencer Tracy, King Creole (1958), onde interpretou o pai de Elvis Presley e Elmer Gantry. En 1956 rexeitou participar no filme británico de ciencia ficción X the Unknown porque o director, Joseph Losey, estaba na lista negra de Hollywood. Finalmente Losey foi apartado do proxecto e substituído por Leslie Norman.

Jagger tamén acadou éxito participando en series de televisión.

En 1972 Jagger foi bautizado como membro dos mormóns.[7]

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. "Dean Jagger". Variety. 10 de febreiro de 1991. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Flint, Peter B. (6 de febreiro de 1991). "Dean Jagger, Actor, 87, Is Dead; Versatile Figure in Films and TV". The New York Times. 
  3. Oliver, Myrna (6 de febreiro de 1991). "Oscar-Winning Character Actor Dean Jagger Dies". Los Angeles Times. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Former Teacher Dean Jagger Returning to 'School'". Hazleton Standard-Speaker. 15 de xuño de 1963. 
  5. Church News, 7 de xullo de 2003.
  6. "Film Actor, Secretary Denied License to Wed". Pottstown Mercury. 25 de xaneiro de 1947. 
  7. Famous Mormons (ed.). "Dean Jagger (1903-1991) Actor". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar