Western Union (filme)

Western Union é unha película estadounidense, do xénero western, producida en 1941 pola 20th Century Fox e dirixida por Fritz Lang, que foi estreada en España co título Espíritu de conquista.

O guión é de Robert Carson, que adaptou unha novela de Zane Grey. O seu elenco integrábano Robert Young, Randolph Scott, Dean Jagger, Virginia Gilmore e John Carradine, entre outros.

Sinopse

editar

En 1861, o ladrón Vance Shaw, que está en fuga polo deserto, encontra un home ferido. Axúdao a conseguir asistencia e despois foxe co cabalo do ferido.

Algún tempo despois Vance, que está tratando de escapar do seu pasado de fóra da lei, busca traballo na compañía de telégrafos Western Union, que estaba construíndo unha liña para conectar as cidades de Omaha e Salt Lake City. Alí descobre que o home ao que axudara (e ao que lle roubara o cabalo), Edward Creighton, é o responsábel da contratación de empregados. Creighton recoñéceo e resolve darlle unha oportunidade a Vance para que este mostre que está verdadeiramente rexenerado. Máis tarde Vance coñece a irmá de Creighton, Sue, da que se enamora.

Edward planifica o traballo, que consiste en colocar os postes e os fíos polas grandes planicies norteamericanas. Nese momento aparece Richard Blake, un mozo fillo dun dos donos da compañía, que tamén se interesa por Sue, provocando a antipatía de Vance. Iniciado o traballo, Edward leva os seus homes, incluídos Blake e Vance, ao territorio salvaxe, enfrontando a indios e pistoleiros. Estes últimos fan que Edward e Blake desconfíen de Vance, que non di que eran da súa antiga cuadrilla.

Elenco

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bogdanovich, Peter (1972): Fritz Lang en América. Madrid: Fundamentos. (Reed. 1984), páxs. 40-45. ISBN 84-245-0013-X
  • Casas, Quim (1991): Fritz Lang. Madrid: Cátedra, páxs. 147-150. ISBN 84-376-1024-9

Ligazóns externas

editar