David Lovering

músico estadounidense

David Lovering, nado en Burlington (Massachusetts) o 6 de decembro de 1961, é un músico e ilusionista estadounidense. É coñecido sobre todo polo seu traballo como batería na banda de rock alternativo Pixies, á cal se uniu no ano 1986. Despois da separación do grupo en 1993 Lovering tocou a batería en varios proxectos, coma The Martinis, Cracker, Nitzer Ebb e Tanya Donelly. Tamén ten unha carreira de ilusionista onde é coñecido coma The Scientific Phenomenalist; realizando experiementos científicos no escenario. Cando os Pixies reuníronse no 2004 Lovering volveu como o seu batería.

Infotaula de personaDavid Lovering

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Burlington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónWentworth Institute of Technology (en) Traducir
Burlington High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , batería , mago Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor em Wikidata

Páxina webdavidlovering.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1861644 Musicbrainz: 211dc1cc-2d75-4413-8e65-ef0501e1a356 Songkick: 2717056 Discogs: 280832 Allmusic: mn0000420158 Editar o valor em Wikidata

A súa primeira batería foi unha Gretsch e usouna durante o primeiro ano que estivos cos Pixies. Reemprazouna por unha Tama Artstar II despois de Come on Pilgrim. Esta foi substituída por unha Pearl e na actualidade toca cunha Gretsch[1].

Traxectoria editar

Aprendeu a tocar a batería durante a súa adolescencia e uniuse á banda de marcha do seu instituto. Na súa entrada do anuario do instituto Lovering escribiu os súas principais aspiracións: estar nunha banda de rock, ser enxeñeiro eléctrico e xirar con Rush, a súa banda favorita. Despois de graduarse, Lovering estudou enxeñería eléctrica no Wentworth Institute of Technology en Boston. Conseguiu un traballo nunha tenda da cadea RadioShack co seu amigo John Murphy, e, despois de graduarse en Wentworth cun título de grao en 1982, traballou fabricando láseres e continuou tocando a batería en bandas locais como Iz Wizard e Riff Raff.

Pixies editar

En 1985 Lovering asistiu á voda de Murphy e Kim Deal. En xaneiro de 1986 Deal foi contratada para tocar o baixo na recentemente creada Pixies, unha banda de rock alternativo fundada por Charles "Black Francis" Thompson e Joey Santiago. Murphy suxeríulle a Lovering que fixese unha audición coa banda, que aínda non tiña batería. Lovering deixara de tocar a batería nese tempo e nun principio non quedara impresionado pola interpretación das cancións do trío. Porén, despois de tocar xuntos uniuse a eles.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.