Kim Deal
Kimberley Ann Deal, nada o 10 de xuño de 1961, é unha vocalista, compositora e músico estadounidense coñecida por ser a baixista da banda de rock alternativo Pixies.
Kim Deal | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Kimberley Ann Deal |
Data nacemento | 10 de xuño de 1961 (62 anos) |
Nado en | Dayton, Ohio ![]() |
Irmáns | Kelley Deal |
Ocupación | cantante, música, vocalista, cantautora, guitarrista e bass guitarist |
Xénero | rock alternativo |
Instrumento(s) | baixo, voz, guitarra, batería |
Relacionado con | Pixies, The Amps, The Breeders |
Tempo en activo | 1986 - actualidade |
Na rede | |
https://kimdealmusic.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Deal uniuse a Pixies en xaneiro de 1986 coma baixista, adoptando o nome artístico de Mrs. John Murphy nas edicións da banda Come On Pilgrim e Surfer Rosa. Despois de Doolittle, co hiato de Pixies, formou The Breeders con Tanya Donelly e Josephine Wiggs. Despois da volta de Pixies en 1990 Deal sentíase cada vez máis marxinada polo líder da banda Black Francis, o que levou á ruptura do grupo a principios do ano 1993.
Deal centrouse entón en The Breeders, que editou o seu álbum Last Splash en 1993. Un ano despois a banda entrou en hiato despois de que a xemelga de Deal, Kelley, entrase nunha clínica de rehabilitación. Durante os oito anos de ruptura de The Breeders, Deal adoptou o nome artístico Tammy Ampersand e formou The Amps, que gravou un único álbum, Pacer, no ano 1995. No ano 2002 editou o terceiro álbum de The Breeders, Title TK e reuniuse con Pixies no 2004. The Breeders lanzou o seu cuarto traballo, Mountain Battles, no 2008.