Kelley Deal

música estadounidense

Kelley Deal, nada o 10 de xuño de 1961 en Dayton, Ohio (Estados Unidos), é a guitarrista e covocalista da banda de rock alternativo The Breeders. Tamén formou os seus propios proxectos paralelos con bandas como R. Ring e The Kelley Deal 6000. É xemelga idéntica da tamén música Kim Deal (coñecida por ser membro de Pixies).

Modelo:BiografíaKelley Deal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Dayton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónWayne High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, programadora, cantautora, escritora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográfico4AD Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsKim Deal Editar o valor en Wikidata

Páxina webkelleydeal.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1628704 Twitter: kelleydeal Spotify: 4LjYBgwWwlYIFlpqxVJZ2a Last fm: Kelley+Deal Musicbrainz: e146c5fd-1155-4cd4-a228-bb2cda0f341b Songkick: 3077256 Discogs: 273942 Allmusic: mn0000084836 Deezer: 1678867 Genius: Kelley-deal Editar o valor en Wikidata

No ano 2020, Deal uniuse á banda de post-punk Protomartyr como músico de xira despois de colaborar en 2018 no seu EP Consolation. A finais de 2022 a banda anunciou que Deal era membro permanente da mesma.[1]

Os comezos

editar

Kelley Deal naceu once minutos antes ca súa irmá. As xemelgas Deal creceron en Huber Heights, un suburbio de Dayton, Ohio. Kelley comezou a consumir drogas de forma recreativa aos trece anos. As irmás formaron a primeira encarnación de The Breeders ao final da súa adolescencia, con Kim tocando a guitarra acústica, Kelley como baixista e ambas cantando.[2] Ambas tiveron a oportunidade de unirse a Pixies a finais dos anos 1980, con Kim como baixista e Kelley como batería; Kim seguiu adiante, mentres que Kelley optou por mudarse a California. Mentres que Kim se converteu nunha música indie, Kelley dedicouse á programación de ordenadores.

The Breeders

editar

En 1989, Kim Deal e Tanya Donelly (guitarrista de Throwing Muses) formaron unha nova encarnación de The Breeders. Kelley ía tocar no álbum debut, Pod, pero non puido por traballo.

En 1992, Kelley Deal uniuse á banda como terceira guitarrista, pero realmente non sabía tocar a guitarra. O EP Safari é a primeira gravación na que aparece.[3] A guitarrista Tanya Donnelly abandonou o grupo para formar Belly pouco despois do lanzamento de Safari. Kim suxeriu a Kelley que tocase a batería para a banda, pero despois de que Kelley insistise en ser a guitarrista da banda, Kim ensinoulle todas as cancións de Pod e as partes do novo álbum que estaban a punto de gravar, Last Splash. Uniuse á banda un batería de Dayton, Jim MacPherson. Last Splash lanzouse en 1993 e a banda actuou como abreconcertos de Nirvana, ademais de tocar no Lollapalooza de 1994.

Rehabilitación

editar

Kelley Deal foi adicta á heroína desde a adolescencia, ademais de abusar do alcohol durante a súa etapa de técnico analista. En 1995, foi detida por posesión de drogas, ao aceptar un envío de heroína (vía postal). Segundo Kelley a súa familia ingresouna en rehabilitación para evitar o cárcere, pero a realidade é que foi unha orde xudicial, sen a cal tería que ingresar en prisión.

Despois de seu período de rehabilitación, comezou o proxecto de The Kelley Deal 6000. A banda ía chamarse Solid State; pero xa existía unha banda con ese nome. En rehabilitación comezou a compoñer as súas propias cancións, que foron as utilizadas para a banda. Mudouse a St. Paul, Minnesota mentres súa irmá tocaba coa súa nova banda The Amps, en Dayton.

Kelley Deal tamén se uniu a Last Hard Men co cantante de Skid Row, Sebastian Bach, o batería de Smashing Pumpkins, Jimmy Chamberlin e Jimmy Flemion de The Frogs. Tocou o baixo coa banda e gravaron un álbum en 1997, aínda que non se lanzou ata 2001 porque non encontraban unha discográfica que quixese publicalo.

Kelley Deal 6000 lanzou dous álbums no selo de Deal, Nice Records, Go To The Sugar Altar en 1996 e Boom! Boom! Boom! en 1997.

Deal volveu xuntarse con súa irmá a finais dos anos 1990 para gravar novas demos para The Breeders. Cunha nova formación, publicaron en 2002 un álbum titulado Title TK, que contén tres cancións gravadas en 1999, nas que as irmás tocan todos os instrumentos.

En abril de 2008, The Breeders lanzou Mountain Battles. Ademais, en outubro dese mesmo ano tocaron en Cincinnati, en apoio ao candidato presidencial dos Estados Unidos Barack Obama.

  1. "To mark two years of @kelleydeal being in the band we added her in.". Facebook. Consultado o 2023-02-21. 
  2. Frank, Josh (2006). Fool the world : the oral history of a band called Pixies (1st ed ed.). New York: St. Martin's Griffin. pp. 7–8. ISBN 978-0-312-34007-0. OCLC 62089994. 
  3. Wice, Nathaniel (abril de 1992). "The Breeders: A Band of One's Own for Kim Deal". SPIN. Consultado o 28 de febreiro de 2023.