Pod é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo The Breeders, publicado o 29 de maio de 1990 a través do selo 4AD. Gravado por Steve Albini, o disco conta coa líder do grupo Kim Deal na voz e na guitarra, Josephine Wiggs no baixo, Britt Walford na batería, e Tanya Donelly na guitarra. A produción de Albini priorizou o son sobre 's production prioritized sound over technical accomplishment; the final takes favor the band's spontaneous live "in studio" performances.

Pod
Álbum de The Breeders
Publicado29 de maio de 1990
Gravaciónxaneiro de 1990
Estudio(s)Palladium, Edimburgo
Duración30:35
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)4AD, Elektra Records
ProdutorSteve Albini
Cronoloxía
- Pod Safari
(1992)
Na rede
Spotify: 5JEXxp3GSiHnAhayfDfbgs Discogs: 20742 Allmusic: mw0000308075 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Breeders formouse en 1988 cando Deal, baixista nos Pixies, fíxose amiga de Donelly de Throwing Muses durante unha xira por Europa. Xuntas gravaron unha demo con influencias country en 1989, facendo que o cofundador de 4AD, Ivo Watts-Russell, lles financiase un álbum, Pod, gravado en xaneiro de 1990 no estudio Palladium de Edimburgo.

Debido en parte ao traballo de Deal nos Pixies, o álbum foi moi esperado, sobre todo en Europa. Foi un éxito da crítica e do público, chegando ao número 22 no Reino Unido.[1] Os críticos loubaron as súas letras escuras e sexualizadas, e comparárono favorablemente cos Pixies. Kurt Cobain dixo que era un dos seus discos favoritos,[2] e Pitchfork situouno no número 81 da súa lista dos mellores álbums dos 90.[3] A portada foi deseñada por Vaughan Oliver e representa a un home realizando un baile de fertilidade mentres levaba un cinto de anguías.

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Kim Deal, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Glorious"  Deal, Ray Halliday 3:23
2. "Doe"  Deal, Ray Halliday 2:06
3. "Happiness Is a Warm Gun"  Lennon-McCartney 2:46
4. "Oh!"    2:27
5. "Hellbound"    2:21
6. "When I Was a Painter"    3:24
7. "Fortunately Gone"    1:44
8. "Iris"    3:29
9. "Opened"    2:28
10. "Only in 3's"  Deal, Donelly 1:56
11. "Lime House"    1:45
12. "Metal Man"  Deal, Wiggs 2:46
  1. "pod | full Official Chart History | Official Charts Company". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2020-08-20. 
  2. "Kurt Cobain's 50 Favourite Albums". Kerrang!. Consultado o 2020-08-20. 
  3. "Top 100 Albums of the 1990s - Page 2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-08-20.