David Carradine
John Arthur Carradine, nado no barrio de Hollywood, nos Ánxeles (California), o 8 de decembro de 1936 e finado en Bangkok o 3 de xuño de 2009[4][5][6], foi un actor estadounidense, máis coñecido polo nome de David Carradine. Acadou sona polo seu traballo na serie de televisión dos anos 70 Kung Fu e máis recentemente coa película Kill Bill. Apareceu en máis de 100 filmes[7] e foi nomeado catro veces a un Globo de Ouro[8].
David Carradine | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() David Carradine no 2008. | |||||||
Nome completo | John Arthur Carradine | ||||||
Nacemento | 8 de decembro de 1936 | ||||||
Lugar | Hollywood | ||||||
Falecemento | 3 de xuño de 2009 | ||||||
Lugar | Bangkok | ||||||
Causa | asfixiofilia | ||||||
Soterrado | Forest Lawn Memorial Park | ||||||
Nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||
Educado en | Universidade Estatal de São Francisco, Oakland High School e Bayard Rustin Educational Complex | ||||||
Pai | John Carradine | ||||||
Nai | Ardanelle McCool | ||||||
Cónxuxe(s) | Donna Lee Becht (1960–1968) Linda Gilbert (1977–1983) Gail Jensen (1988–1997) Marina Anderson (1998–2001) Annie Bierman (2004–2009)[1] | ||||||
Profesión | Actor, produtor, director | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
http://www.davidcarradine.org | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
TraxectoriaEditar
Primeiros anosEditar
Carradine naceu en Hollywood (California), fillo de Ardanelle Abigail (nacida McCool; 1911-1989)[9] e do destacable actor estadounidense John Carradine[10]. Era o medio irmán de Bruce, Keith e Robert Carradine, así como o tío de Ever Carradine e mais Martha Plimpton. Carradine tiña devanceiros irlandeses, ingleses, escoceses, Galeses, alemáns, españois, Italianos, ucraínos e cherokees[11]. Carradine acudiu á escola de primaria de Oakland (California)[1] e máis adiante estudou drama na Universidade do estado de San Francisco[1] antes de traballar como actor en teatro, televisión e cinema. Cambiou o seu nome a David tras comezar a súa carreira.
CarreiraEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Actuou na serie de televisión, Shane, pero sobre todo se fixo coñecido polo seu papel de Kwai Chang Caine na serie Kung Fu. Tamén interpretou numerosos papeis en filmes, destacando o seu de Bill nos volumes das películas Kill Bill, de Quentin Tarantino.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Who's Who in America - 2009 (63 ed.). 2008.
- ↑ Entertainment Awards Database, Los Angeles Times (ed.). "David Carradine Awards & Nominations". Consultado o 2009-06-04.
- ↑ "AOF Film International Festival Official Site — People". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 06 de xuño de 2009.
- ↑ "California Birth Index, 1905-1995 [database on-line]". Estados Unidos: The Generations Network. 2005. Consultado o 2009-10-06.
- ↑ "David Carradine Found Dead in Bangkok". The Nation. 06/03/2009. Arquivado dende o orixinal o 07/06/2009. Consultado o 2009-06-04.
- ↑ "Kung Fu Star Carradine Found Dead". BBC News. 06/04/2009. Consultado o 2009-06-04.
- ↑ The Daily Telegraph, ed. (2009-06-04). "David Carradine". Consultado o 2009-06-04.
- ↑ Hollywood Foreign Press Association (ed.). "HFPA Award Search". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2012. Consultado o 2009-06-04.
- ↑ Social Security Death Index
- ↑ David Carradine Biography (1936-)
- ↑ Schneiderman, Matt (2003-10-10). Stuff, ed. "David Carradine". Arquivado dende o orixinal o 31-05-2008. Consultado o 04-06-2009.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Carradine |