Abrir o menú principal

Daphnis (en grego Δαφνίς) é un satélite interior de Saturno. Tamén coñecido coma Saturno XXXV; a súa designación provisional era S/2005 S 1.[3][4] Daphnis ten o redor de 8 kms de diámetro, é orbita o planeta na División de Gap dentro do anel A.

Daphnis
PIA06237.jpg
Daphnis aparece coma un pequeno punto que
causa as ondulacións nas beiras da división de Keeler
nesta imaxe tomada dende a sonda Cassini.
Descubrimento
Descuberta por Equipo de imaxes da sonda Cassini
Descuberta no 6 de maio do 2005
Designación alternativa Saturno XXXV
Características orbitais[1]
Radio orbital medio 136.505,5 ± 0,1 km
Excentricidade 0,0000331 ± 0,0000062
Período orbital 0,5940798 días (14,257915 horas)
Inclinación 0,0036° ± 0,0013°
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 9 × 9 × 6 km[2]
Radio medio 3,9 ± 0,8 km[2]
Masa 8,4 ± 1,2 x 1013 kg
Densidade media 0,34 ± 0,21 g/cm³[2]
Gravidade superficial descoñecida
Período de rotación sincrónica
Albedo ≈ 0,5
Oblicuidade descoñecida
Temperatura ~78 K

NomeandoEditar

Recibiu no 2006 o nome de Daphnis, un pastor, gaiteiro e poeta da mitoloxía grega.[5] Era fillo de Hermes, irmán de Pan, e descendente dos Titáns. Tanto Pan coma Daphnis, son as única dúas lúas pastor que orbitan dentro dos aneis principais de Saturno, e reciben nomes de figuras mitolóxicas asociadas ós pastores.

 
Cando Saturno está próximo ó equinoccio, as sombras proxectadas sobre os aneis, amosan o relevo vertical das ondas que produce Daphnis nos aneis.

DescubrimentoEditar

Foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini o 6 de maio do 2005.[3] As imaxes do descubrimento foron tomadas dende a sonda Cassini o 1 de maio do 2005, nunha longa secuencia de 16 minutos, a apertura da cámara coa que se fixo a exposición era de 0,180 segundos de arco (de graos) sobre ó bordo externo do anel A. Posteriormente sería avistado en 32 imaxes tomadas ó anel F o 13 de abril do 2005 (ó longo de 18 min) e outra vez en dúas imaxes de alta resolución (3,54 km/pixel) tomadas o 2 de maio do 2005, cando o seu disco duns 7 kms puido ser apreciado. Anteriormente xa se tiña inferido o seu tamaño a partir das ondas que este satélite provoca nos bordes exteriores da División de Keeler.

ÓrbitaEditar

A inclinación e a excentricidade da órbita de Daphnis é moi pequena, pero distinta de cero. A excentricidade de Daphnis amosa unha variación da súa distancia con Saturno do redor ~9 km, e a súa inclinación causa que se mova arriba e abaixo uns ~17 kms. A División de Keeler, dentro da cal orbita Daphnis, ten un 42 kms de ancho.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar