Pan (lúa)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pan (homónimos).
Características orbitais | |
---|---|
Distancia media a Saturno |
133.583 km |
Período orbital | 0,5750 días |
Velocidade media | 16,90 km/s |
Excentricidade | 0,00 |
Inclinación | 0,0° |
Características físicas | |
Raio ecuatorial | 9,655 km |
Masa | 2.7×1015 kg |
Densidade media | 0.6 g/cm³ |
Período de rotación | ? |
Magnitude absoluta | ? |
Albedo | 0,5 |
Historia | |
Descubridor | M. Showalter, 1990 |
En astronomía, Pan é unha das lúas do planeta Saturno, chamada tamén Saturno XVIII. É o máis interno dos satélites coñecidos deste planeta (apenas a 133.583 km do centro de Saturno), e atópase na División Encke do anel A de Saturno, da que actúa como lúa pastor, sendo responsable de mantela aberta. Foi descuberto por Mark R. Showalter en 1990 mentres examinaba as vellas fotografías obtidas nove anos antes polo Voyager no seu encontro con Saturno.
Tamén Pan, na mitoloxía grega, era o deus dos bosques, os campos e a fertilidade, fillo de Hermes, mensaxeiro dos deuses, e dunha ninfa.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar