Daniel Sánchez Arévalo

Daniel Sánchez Arévalo, nado en Madrid o 24 de xuño de 1970, é un guionista e director de cine español. É fillo do debuxante e ilustrador José Ramón Sánchez e da actriz Carmen Arévalo.

Daniel Sánchez Arévalo
Director Daniel Sanchez Arzvalo at MIFF (cropped).jpg
Nacemento24 de xuño de 1970
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cinema, guionista e novelista
PaiJosé Ramón Sánchez
PremiosPremio Planeta e Premio Goya ó mellor director novel
Na rede
IMDB: nm0998110 Allocine: 169764 Allmovie: p472652 TCM: 11054831 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a súa traxectoria como guionista de televisión traballando en series como Hermanas, Ellas son así ou Abogados. Posteriormente dirixiu varias curtametraxes e seguiu participando en proxectos televisivos escribindo algúns capítulos para series como Hospital Central ou Lobos.

No ano 2006 rodou a súa primeira longametraxe, titulada AzulOscuroCasiNegro e protagonizada por Antonio de la Torre, Quim Gutiérrez e Marta Etura entre outros e que acadou un grande éxito, recibindo premios coma os Goyas á mellor dirección novel e ós mellores actores revelación e secundario.

Daniel Sánchez Arévalo escribiu dous libros de narrativa xuvenil, La maleta de Ignacio Karaoke e 31 de julio de 1993, do que saíu o guión de AzulOscuroCasiNegro. Foi finalista na 64ª edición do premio Planeta coa súa primeira novela para adultos, La isla de Alice.[1]

FilmografíaEditar

Como directorEditar

Como guionistaEditar

Como produtorEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

Premios Mestre MateoEditar

Ano Categoría Filme Resultado
2009 Mellor director Gordos Nomeado

NotasEditar

  1. Geli, Carles. ""Esta novela es la mejor de mis películas", dice Sánchez Arévalo". EL PAÍS (PRISA). Consultado o 25 de outubro de 2015.