Gordos

filme de 2009 dirixido por Daniel Sánchez Arévalo

Gordos é un filme español de 2009 dirixido por Daniel Sánchez Arévalo e protagonizado por Antonio de la Torre. Conta cinco historias que xiran arredor da obesidade, cunha contorna común: un grupo de terapia, un sitio onde os protagonistas non van adelgazar, senón a atopar os motivos polos cales teñen sobrepeso, a pescudar as causas polas cales están a contragusto co seu corpo. Foi un dos tres filmes candidatos a representar España nos Premios Óscar de 2009.[2]

Gordos
Ficha técnica
Título orixinalGordos
DirectorDaniel Sánchez Arévalo
ProdutorJosé Antonio Félez
Antón Reixa
GuiónDaniel Sánchez Arévalo
IntérpretesAntonio de la Torre
Roberto Enríquez
Verónica Sánchez
Raúl Arévalo
Leticia Herrero
Fernando Albizu
María Morales
Pilar Castro
Adam Jezierski
Marta Martín
Teté Delgado
Pepa Aniorte
MúsicaPascal Gaigne
MontaxeDavid Pinillos
Nacho Ruiz Capillas
EstudioTesela Producciones Cinematográficas
Estrea2009
Duración115 minutos
OrixeEspaña España
XéneroComedia e drama
Orzamento3 500 000
Recadación1.820.567,77 €[1]
Na rede
IMDB: tt1166810 Filmaffinity: 132462 Rottentomatoes: m/gordos Allmovie: v500898 TCM: 737226 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Comedia dramática sobre os excesos e as carencias da vida. Os complexos, as fobias, as obsesións, os traumas, os erros, os medos, a culpa, os desexos, as ilusións, os retos, os compromisos, as metas, as relacións, o amor, o sexo, a saúde, a familia... A supervivencia, no máis amplo sentido da palabra. Gordos é unha historia coral que xira arredor dunha terapia de grupo, de xente con problemas relacionados coa obesidade.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Categoría Receptor Resultado
8ª edición Mellor filme Daniel Sánchez Arévalo Nomeado
Mellor director Daniel Sánchez Arévalo Nomeado
Mellor actriz secundaria Teté Delgado Nomeada
Mellor dirección artística Curru Garabal Gañador
  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Gordos". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  2. ""Mapa dels sons de Tòquio", "El baile de la victòria" i "Gordos" opten als Oscars". Diari de Girona (en catalán). 16 de setembro de 2009. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar