Dani Vivian

futbolista español

Daniel Vivian Moreno, nado en Vitoria o 5 de xullo de 1999, é un futbolista español que xoga como defensa central no Athletic de Bilbao e na selección española.

Infotaula de personaDani Vivian
Biografía
Nacemento(es) Daniel Vivian Moreno Editar o valor em Wikidata
5 de xullo de 1999 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor em Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2016-2018 Club Deportivo Baskonia 44(0)
2017-2020 Bilbao Athletic 48(4)
2020-2021cesión Club Deportivo Mirandés 32(2)
2021- Athletic Club 103(3) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2019-   País Vasco 1(0)
2024-   España 2(0) Editar o valor em Wikidata

UEFA: 250194503 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Naveu na cidade vasca de Vitoria, sendo fillo dun galego da parroquia de Berrande, en Vilardevós, e dunha toledana de Talavera de la Reina.[1] Fomouse como futbolista nas canteiras do San Viator, o Deportivo Alavés, o Lakua e o Ariznabarra antes de fichar polo Santutxu en 2015. No equipo xuvenil do club bilbaíno tivo como adestrador ao futbolista Ibai Gómez.[2]

En xuño de 2016 incorporouse ao Athletic de Bilbao,[3] sendo inicialmente asignado ao Basconia, da Tercera División. Co segundo filial do Athletic disputou 44 partidos oficiais ao longo de dúas tempadas. Para a tempada 2018/19 subiu ao Bilbao Athletic, da Segunda División B, onde se fixo axiña coa titularidade ás ordes de Gaizka Garitano.

En agosto de 2020 renovou o seu contrato ata 2023 e foi inmediatamente cedido ao Mirandés, da Segunda División.[4] Tras unha boa campaña en Miranda de Ebro, no verán de 2021 regresou ao Athletic para formar parte do primeiro equipo.

Debutou en Primeira o 16 de agosto de 2021 nun empate sen goles ante o Elche no Martínez Valero,[5] e o 11 de setembro marcou o seu primeiro gol, nunha vitoria por 2-0 ante o Mallorca en San Mamés, rematando de cabeza un centro de Iker Muniain.[6][7] En febreiro de 2022, tras as súas boas actuacións, o club renovou o seu contrato por catro anos máis.[8][9] O 20 de febreiro de 2022, marcou o gol inicial nun derbi vasco contra a Real Sociedade en San Mamés, que rematou 4-0 a favor dos biscaíños.[10]

Ao comezo da tempada 2023/24, coa marcha de Iñigo Martínez e os problemas físicos de Yeray Álvarez, fixéronse coa titularidade os relativamente inexpertos Vivian e Aitor Paredes (de 24 e 23 anos respectivamente), que formaron unha sólida parella de centrais, contribuíndo ao bo rendemento do equipo. O Athletic conseguiu a clasificación para a Europa League e conquistou a Copa do Rei despois de 40 anos sen logralo, sendo ambos os centrais titulares na final.[11][12][13] [14] En xuño de 2024, asinou un novo contrato ata 2032.[15]

Selección nacional

editar

Debutou coa selección do País Vasco en maio de 2019, nun empate sen goles ante Panamá.[16] [17]

O 22 de marzo de 2024 debutou coa selección española nun amigable contra Colombia.[18] Ese mesmo ano foi un dos 26 seleccionados por Luis de la Fuente para a Eurocopa 2024.[19] Participou en dous partidos do torneo, contra Albania na fase de grupos e contra Francia nas semifinais, e acabou proclamándose campión, aínda que quedou no banco de suplentes na final ante Inglaterra.

  1. "Dani Vivian, defensa del Athletic: «No me pruebes, pero hablo gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 2024. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  2. Ugalde, Iñaki (19 de outubro de 2017). "Del Juvenil C del Santutxu a Lezama hay un paso". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  3. [Athletic sign two youngsters Aritz Pascual and Dani Vivian] |title-trad= require |title= (Axuda) (en castelán). 
  4. "Vivian loaned to CD Mirandés" (en castelán). 12 de agosto de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  5. Mundo Deportivo (en castelán) https://www.mundodeportivo.com/futbol/athletic-bilbao/20210817/1001677408/enorme-satisfaccion-dani-vivian.html.  Falta o |title= (Axuda)
  6. Mundo Deportivo (en castelán) https://www.mundodeportivo.com/futbol/athletic-bilbao/20210911/1001687201/tema-partido-2.html.  Falta o |title= (Axuda)
  7. Mundo Deportivo (en castelán) https://www.mundodeportivo.com/futbol/athletic-bilbao/20171019/432167666078/athletic-gaizka-garitano-dani-vivian-futbol.html.  Falta o |title= (Axuda)
  8. MARCA (en castelán) https://www.marca.com/futbol/athletic/2022/02/04/61fd11abe2704e73048b4627.html.  Falta o |title= (Axuda)
  9. Marca.com (en castelán) https://www.marca.com/futbol/mirandes/2020/08/26/5f467e76268e3e722f8b458d.html.  Falta o |title= (Axuda)
  10. Mundo Deportivo (en castelán) https://www.mundodeportivo.com/futbol/20220220/1001753473/4-0-athletic-castiga-real-sociedad-derbi-vasco.html.  Falta o |title= (Axuda)
  11. [A rebuilt defence at Athletic] |title-trad= require |title= (Axuda) (en castelán). 
  12. [Chelsea, attentive to the evolution of Paredes] |title-trad= require |title= (Axuda) (en castelán). 
  13. Dani Vivian: ‘No one is an obstacle. You see that spirit in Basque football, even in the kids’, Sid Lowe, The Guardian, 4 April 2024
  14. Diario AS https://as.com/futbol/copa_del_rey/final-de-copa-del-rey-en-directo-ultima-hora-de-mallorca-y-athletic-n/.  Falta o |title= (Axuda)
  15. Dani Vivian commits to Athletic Club until 2032, Athletic Club, 1 June 2024
  16. [Basque Selection goalless draw against Panama] |title-trad= require |title= (Axuda) (en castelán). 
  17. [Draw between Basque Selection and Panama (0-0)] |title-trad= require |title= (Axuda) (en castelán). 
  18. https://www.espn.co.uk/football/match/_/gameId/698122/colombia-spain.  Falta o |title= (Axuda)
  19. https://rfef.es/en/noticias/final-spain-squad-for-the-euro-2024-finals.  Falta o |title= (Axuda)