Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendente

O Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendiente é realizado todos os anos no día 24 de xaneiro e celebra as moitas culturas vibrantes do continente africano e das diásporas africanas en todo o planeta, reforzando o mandato da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) de promover o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana a nivel mundial. Sendo unha rica fonte do patrimonio partillado do mundo, a promoción da cultura africana e afrodescendente é fundamental para o desenvolvemento sustentábel, o respecto mutuo, o diálogo e a paz. [1]

Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendente
“Jogando capoeira ou dança de guerra”, Río de Xaneiro, Brasil, pintado por Rugendas c. 1830. Rugendas viaxou polo Brasil entre 1822 e 1824.
Data de fundaciónInstituído en 2020, de celebración anual cada 24 de xaneiro.
editar datos en Wikidata ]

A UNESCO aprobou o 24 de xaneiro como o Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendente na 40ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO en 2019.[2] [3] Esta data coincide coa aprobación da Carta para o Renacemento Cultural Africano en 2006.[4] polos xefes de Estado e de Goberno da Unión Africana. A celebración deste día tamén pretende promover a ratificación e aplicación o máis ampla posíbel desta Carta Africana dos Dereitos Humanos e dos Pobos, reforzando así o papel da cultura na promoción da paz no continente.

“Neste Día Mundial, non é simplemente unha cultura individual a que estamos a celebrar, senón multitude de culturas dunha diversidade excepcional. Tamén homenaxeamos a artistas de todos os países e de todas as áreas, desde o cine, a música e a danza ata a moda e o deseño, todos os sectores creativos que apoian aos artistas, co fin de promover o renacemento cultural africano.”
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendiente, 2023

Este día está en consonancia coa década das persoas afrodescendentes, período comprendido entre 2015 e 2024, co lema “Recoñecemento, xustiza e desenvolvemento” (resolución 68/237),[5] pola que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas reafirmou o importancia da contribución das culturas africanas, tan ricas como diversas, á construción dun mundo próspero.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar