Década de 760
Primeiro milenio | |||||
Século VIII | |||||
| |||||
|
760
- Artigo principal: 760.
- 20 de maio - Perihelio do Cometa Halley.
- Arechis II, duque de Benevento, funda a igrexa de Santa Sofia en Benevento.
- Odoario dita o seu testamento.
761
- Artigo principal: 761.
- Primeira das oito campañas levadas por Pipino o Breve contra Gaiferos, duque de Aquitania.
- Xisulfo, duque de Spoleto é deposto do seu cargo (se cadra morreu nesta ocasión).
- Nace a cidade de Oviedo. O abade Fromestanu e o seu sobriño, o presbítero Máximo, fundan segundo a tradición, unha igrexa dedicada a San Vicente.
762
- Artigo principal: 762.
- 31 de xullo - Fundación de Bagdad.
763
- Artigo principal: 763.
- Teodicio convértese en duque de Spoleto.
- Batalla de Anchialus, en que Constantino V vence aos búlgaros.
764
- Artigo principal: 764.
- Shotoku sucede a Junnin como emperador do Xapón.
O Hyakumanto Darani, un documento en xaponés, foi publicado e é considerado o primeiro texto impreso da historia.
765
- Artigo principal: 765.
- Deste ano é a primeira cita documentada do emprego da rotación trienal nos cultivos, en Europa.
- 8 de marzo - Comeza o reinado de K'inich K'uk' B'ahlam II, soberano maia de Palenque.
766
- Artigo principal: 766.
- Nicetas sucédelle a Constantino II como Patriarca de Constantinopla.
767
- Artigo principal: 767.
768
- Artigo principal: 768.
- Pipino o Breve, divide o reino dos francos, entre os seus dous fillos, Carlomán I (Karlmann) e Carlomagno, que o gobernarán conxuntamente até a morte do primeiro en 771, ficando entón como único rei franco o segundo (até 814).
- Aurelio, novo rei asturiano (até 774).
769
- Artigo principal: 769.
- Os eslavos saquean Lesbos.
- O Sínodo Laterano aboliu o teórico dereito de elección papal que tivera o pobo de Roma.
- León IV - futuro emperador do Imperio bizantino casa con Irene futura raíña consorte.