Década de -550
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -VI | |||||
| |||||
|
559 a.C.
- Artigo principal: -559.
- Ciro II o Grande convértese en rei, trala morte de seu pai Cambises I. Nace o Imperio aqueménida que conquistou Asia Menor, Mesopotamia, Exipto e a India.
558 a.C.
- Artigo principal: -558.
557 a.C.
- Artigo principal: -557.
556 a.C.
- Artigo principal: -556.
- Labashi-Marduk sobe ao trono de Babilonia, sucedendo a seu pai Neriglisar, reinando apenas tres meses.
- Nabonid sucede a Labashi-Marduk (até -539).
555 a.C.
- Artigo principal: -555.
554 a.C.
- Artigo principal: -554.
- Unha coalición oligárquica depón a Fálaris, tirano de Agrigento.
- Regresan a Atenas os líderes do partidos aristocrático.
553 a.C.
- Artigo principal: -553.
- Ciro II, rei de Anshan, rebélase contra Astiaxes que se ve na obriga de evacuar a rexión de Harrán.
- Tras un soño ocorrido en -556, que lle anunciaba o porvir, e malia a oposición dos sacerdotes de Marduk, o rei de Babilonia Nabonido decide reconstruír o templo de Sin en Harrán. Para isto solicita a axuda de Ciro II o Grande, rei de Anshan contra os medos, para tomaren a cidade. Ciro acepta. O seu soberano e gran rei Astiaxes, rei dos medos, dáse conta do complot e convócao a Ecbatana . Ciro négase, cousa que provoca unha guerra que había rematar coa vitoria dos persas.
552 a.C.
- Artigo principal: -552.
- Os xefes do partido aristocrático (entre eles Megacles o alcmeónida) botan de novo a Pisístrato de Atenas e este exíliase en Eubea.
- Milón de Crotone obtén a primeira das súas vitorias nos Xogos Olímpicos. Obterá seis vitorias consecutivas en loita nestes xogos e mais nos píticos.
551 a.C.
- Artigo principal: -551.
550 a.C.
- Artigo principal: -550.
Asia
Europa
- Grecia - Fundación da Liga do Peloponeso, so liderado de Esparta.
Arte e cultura
- Iníciase o apoxeo do pintor grego de cerámica de figuras negras, Exekias (até -520).
- O Xinete Rampín, escultura arcaica grega de autor ignoto (data aproximada).
- Kuros de Tenea, estatua grega (hoxe na Gliptoteca de Múnic).
Ciencia e tecnoloxía
- O filósofo grego Tales de Mileto describe o imán e as súas propiedades (data aproximada).